Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (482/1993).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 482/1993, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Guillermo Couselo Pombo, Angelita Otero Carollo, Julián Torres Martínez e Otilia Fernández López, por reclamación de 1.851.921 pesetas que quedan por aboar, autos nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en poxa pública, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

-Predio número 21.527, parcela 615 da zona de concentración parcelaria de Nemenzo-Morantes, concello de Santiago de Compostela; terreo dedicado a labradío e monte, sitio de Campos, dunha superficie de 19.120 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela.

O devandito predio foi valorado en 8.126.000 pesetas.

A poxa terá lugar neste xulgado, situado no polígono das Fontiñas, rúa Viena, s/n desta cidade, o día 3 de marzo ás 9 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda: para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá face-la oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas desde o anuncio ata que teñan lugar, se poderán facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o importe da consignación.

Quinta: por instancia do acredor sácanse a poxa pública sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, e entendéndose que o rematante os acepte queda subrogado na responsabilidade deles, e sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día 30 de marzo, ás 9 horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día 29 de abril, ás 9 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1998.

O maxitrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

440