Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.057

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 97/014 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 97/014, convocada por Resolución con data do 6 de xuño de 1997 (BOE do 27 de xuño), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 14 de xaneiro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: metodoloxía das ciencias do comportamento.

Praza nº: 97/014.

-Comisión titular:

-Presidente: San Martín Castellanos, Rafael, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

-Secretario: Escudero Carranza, Valentín, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

-Vocais:

Janez Escalada, Luis, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Moreno Rodríguez, Rafael, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Ruiz Soler, Marcos, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

-Comisión suplente:

-Presidente: Ponsoda Gil, Vicente, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

-Secretario: Garriga Trillo, Ana Julia, profesora titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

-Vocais:

Ato García, Manuel, cartedrático de universidade. Universidade de Murcia.

González Tablas Sastre, Mª del Mar, profesora titular de universidade. Universidade de Salamanca.

García Jiménez, Mª Visitación, profesora titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

782