Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.055

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo que se xunta, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado, do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xuño), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado, do 27),

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento para o día 11 de febreiro de 1998, ás dez horas, realizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo

secuencial, segundo a orde na que figuran relacionados no citado anexo.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040, Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As relacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 6 de febreiro de 1998, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040, Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, rexerá o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 19 de xaneiro de 1998.

Rafael Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades

Universidade da Coruña-.

Concursos convocados por resolución da universidade do 21-7-1997 e BOE 23-9-1997.

Concurso nº: 30.

Nº sorteo: 34335.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía galega e portuguesa.

Presidente titular: José Luis Rodríguez Fernández.

Vocal secretaria titular: Carlos Paula Martínez Pereiro.

Concurso nº: 31.

Nº sorteo: 34336.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Antonio Erias Rey.

Vocal secretario titular: José Ramón Docal Labaen.

Concurso nº: 32.

Nº sorteo: 34337.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: estatística e investigación operativa.

Presidente titular: Juan Manuel Vilar Fernández.

Vocal secretario titular: Margarita Vázquez Brage.

Concurso nº: 33.

Nº sorteo: 34338.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica e organización escolar.

Presidente titular: Jorge Torres Santome.

Vocal secretario titular: Julio Rodríguez López.

Concurso nº: 34.

Nº sorteo: 34339.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: Luis Ignacio Eguiluz Morán.

Vocal secretario titular: Manuel Luaces Rodríguez.

Concurso nº: 35.

Nº sorteo: 34340.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: José Antonio Cantero Espejo.

Vocal secretario titular: Roberto José Pérez Serantes.

Concurso nº: 36.

Nº sorteo: 34341.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: Luis Ignacio Eguiluz Morán.

Vocal secretario titular: Manuel Luaces Rodríguez.

Concurso nº: 37.

Nº sorteo: 34342.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: Luis Ignacio Eguiluz Morán.

Vocal secretario titular: Manuel Luaces Rodríguez.

Concurso nº: 38.

Nº sorteo: 34343.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: José Antonio Cantero Espejo.

Vocal secretario titular: Roberto José Pérez Serantes.

Concurso nº: 39.

Nº sorteo: 34344.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: José Antonio Cantero Espejo.

Vocal secretario titular: Francisco C. Oliver Charlon.

Concurso nº: 40.

Nº sorteo: 34345.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Carlos Berzosa Alonso-Martínez.

Vocal secretaria titular: Eva María Justo Díaz.

Concurso nº: 41.

Nº sorteo: 34346.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Fernando I. González Laxe.

Vocal secretaria titular: M. del Carmen Navarro Carro.

Concurso nº: 42.

Nº sorteo: 34347.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Juan Jesús Fernández Caínzos.

Vocal secretario titular: Luis Carlos Morato Miguel.

447