Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a apertura da rúa Pérez Porto, no concello da Coruña.

Examinado o expediente 115A- 97/4 relativo ó proxecto de expropiación forzosa para a apertura da rúa Pérez Porto, promovido polo Concello da Coruña para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59 do 26 de marzo) e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, do 12 de maio de 1997 e a Orde do 27 de setembro de 1995, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 194 do 9 de outubro de 1995).

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a apertura da rúa Pérez Porto, promovido polo Concello da Coruña polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo,

do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da Lei 1/1997 do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica- lo presente acordo no DOG así como os seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

ParcelaPropietarioValoración

1Madres Doroteas37.283.348 ptas.

ArrendatariosValoración

Baixo DMiguel Estévez Doamo7.298.670 ptas.
Baixo IJosé Loureiro Fraga5.088.832 ptas.
1º DAmelia Millán Ben4.573.422 ptas.
1º IManuel García Corredoira1.123.920 ptas.
2º DJosé Loureiro Fraga5.088.832 ptas.
2º IJosé Loureiro Fraga5.088.832 ptas.
3º DConcepción Barros Ferro1.727.712 ptas.
3º IJosé L.López Picallo2.207.520 ptas.

Así mesmo, a publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110 punto 3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 13 de maio de 1997.

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

788