Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do parque empresarial de Padrón (A Coruña).

Examinado o expediente 115A-97/9 relativo ó proxecto de expropiación forzosa para a execución do parque empresarial de Padrón, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, do 11 de decembro de 1997 e a Orde do 19 de agosto de 1997, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 166, do 29 de agosto de 1997),

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do parque empresarial de Padrón, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997 do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens

e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8º da Lei 1/1997 do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica-lo presente acordo no DOG así coma os seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación:

PredioPropietarioSuperficie

m

Prezo

xusto

121 Hros. de José Rodríguez Blanco1.716,642.087.263
122 Hros. Domingo González Danza2.254,152.740.821
123 Hros. María Fabeiro Formoso2.714 3.299.953
126 Hros. Manuela Sánchez Lapido2.702,563.286.043
128 Mª Cruz Carregal Otero3.009 3.658.643
133 Hros. Rogelio Landeira Formoso 561,78 683.068
134 Hros. Rosa Fernández González1.088,911.324.006
138 Francisco Ortigueira Pardal1.397 1.698.612
141 Rosa López Pérez e outros2.489 3.026.375
144 Elisa Miguens García 849 1.032.299
175 Teresa Pérez Rego3.145 3.824.006
181 Hros. de Evaristo Landeira Formoso 883,121.073.786
186 Luis Forjan Valiño e Mª Rosalía Seoane Ferreiro 1.802,042.191.100
193 Hros. María Fandiño Miguens e irmáns.1.966 2.390.459
195 Elvira e Teresa Pérez Rego e irmáns3.637,624.422.982
198 Hros. Vitorina Miguens Castro e outros1.798,982.187.380
199 Celia Carles Miguens1.901,432.311.949
202 Rosa López Pérez e outros2.091 2.542.447
207-ACarlos Bello Vázquez e esposa2.341 2.846.422
207-BManuel e Lisardo Vidal Ferreiros e esposas2.341 2.846.422
208 Manuel Seoane Ferreiro e esposa 69,17 84.104
209-1Manuel Seoane Ferreiro e esposa2.176,5 2.646.406
209-2Jesusa Socorro Seoane Ferreiro2.176,5 2.646.406
209-3Manuela Seoane Ferreiro e esposo2.176,5 2.646.406
209-4Rosalía Seoane Ferreiro e esposo2.176,52.646.406
210 Ramón, Manuel, José Cruces Formoso1.144,801.391.962
218 Rosa López Pérez e outros3.755,564.566.385
221 Dolores, Francisco, Rosa, Carmen Sende Lapido 617,67 751.025
222 Hros. Rosa Varela Mariño 590,92 718.500
223 Josefina Rodríguez Ameijeiras2.250 2.735.775
224 Ángel Luis Orosa de Vicente e Antonia Miguel García1.190 1.446.921
225 Antonia Miguel García 704,47 856.565
226 Ángel Luis Orosa de Vicente e Antonia Miguel García2.400 2.918.160
227 Rosa de Jesús Rego1.643,021.997.748
551 Masa Común de Veciños 187 227.373

Así mesmo, a publicación desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Conta a citada resolución que é definitiva en vía administrativa cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110 punto 3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 12 de decembro de 1997.

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

10400