Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 04 de febreiro de 1998 Páx. 1.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de xaneiro de 1998 pola que se clasifica como de interese sanitario a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, con domicilio en Santiago de Compostela.

Supostos de feito.

1. Manuel Antonio Silva Romero, na súa calidade de vicepresidente do padroado da fundación, en escrito de 23 de xaneiro de 1998, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 29 de decembro de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Manuel Peregil Cambón, co número dous mil catrocentos sete do seu protocolo, por José María Hernández Cochón, quen comparece no exercicio do seu cargo.

3. Segundo consta no artigo cinco dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a formación e investigación nas materias de saúde pública e administración sanitaria.

4. O padroado da fundación estará constituído polas persoas sinaladas no artigo 10 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese sanitario da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, dado o seu obxecto e finalidade polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese sanitario e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba

o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 26 de xaneiro de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia ( Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese sanitario a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

98-787