Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO CARBALLIÑO

CÉDULA de notificación (286/1993-MJ).

Eu, Virginia Antón Guijarro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño (Ourense), dou fe:

Que nos autos de xuízo executivo 286/1993, seguidos neste xulgado por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, representada polo procurador José Prada Martínez, contra Aficol Galicia, S.L., Tomás Raniero Fernández González e Mª del Carmen González Fernández, todos eles en situación de rebeldía no procedemento, sobre reclamación de cantidade, se dictou sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

«Decisión. Mando seguir adiante a presente execución ata facer remate dos bens embargados ós demandados Aficol Galicia, S.L., Tomás Raniero Fernández González e Mª del Carmen González Fernández, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó seu acredor, Caixa de Aforros Provincial de Ourense, da cantidade de 1.099.888 pesetas do principal reclamado, máis outras 500.000 pesetas de xuros, gastos e custas causadas e que no sucesivo se orixinen, ata o seu cumprido pagamento, e en todas estas responsabilidades condeno expresamente a parte demandada.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, na forma establecida na lei, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá testemuño ós autos principais, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. E/».

E para que conste e para a súa inserción nos lugares públicos de costume, para que lle sirva de notificación en forma de sentencia ós demandados rebeldes, todos eles en ignorado paradoiro, que tiñan como últimos datos coñecidos no Carballiño, rúa Mosquera, 50-2º, o de Aficol Galicia, S.L., e en Vigo, rúa Colón, 32 o de Tomás Raniero Fernández González e o de Mª del Carmen González Fernández, expido, selo e asino a presente cédula no Carballiño o trinta de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

364