Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (59/1997-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 66/1997, sobre falta contra a orde pública, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Eugenio Carnota Lorenzo dos feitos axuizados nos presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, Eugenio Carnota Lorenzo, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

234