Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (126/1997).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, dou fe e certifico:

Que na suspensión de pagamentos que se segue neste xulgado baixo o número 126/1997, por instancia de Jesús Castro Puente, representado polo

procurador Fernández Somoza, consta o seguinte auto que, na súa parte necesaria, di así:

«Auto. Na Estrada o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e sete. Seguen feitos e razoamentos xurídicos. En atención ó exposto. Eu, Cristina García Velasco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, dispoño:

Declarar en estado de suspensión de pagamentos e insolvencia provisional a Jesús Castro Puente, cunha diferencia a prol do activo na suma de cento vinteoito millóns oitocentas noventa e dúas mil novecentas trinta e tres pesetas; limita-la actuación xestora do mencionado suspenso, no sentido de que unicamente poderá realiza-las operacións propias do seu negocio aínda que, cando pola súa importancia puidesen facer varia-lo normal desenvolvemento deste, deberá obte-la previa autorización do xulgado, todo isto sen prexuízo da intervención directa por parte dos interventores xudiciais nomeados.

Anótese este auto no libro de rexistro especial de suspensión de pagamentos e quebras deste xulgado; publíquese no DOG, así como no xornal La Voz de Galicia por medio de edictos, e fíxese tamén un exemplar no taboleiro de anuncios deste xulgado; anótese no Rexistro Mercantil, expedíndose para iso mandamento por duplicado ó rexistrador encargado del; inscríbase á marxe da correspondente inscrición de nacemento de Jesús Castro Puente (nacido o día 12-4-1942) que consta no Rexistro Civil da Estrada.

Acórdase a convocatoria á xunta xeral de acredores, que se celebrará o vindeiro día 27 de febreiro, ás 10.30 horas, cítase a dita xunta ó suspenso, mediante o seu procurador en autos, o Ministerio Fiscal, os interventores e os acredores; serán citados os que destes residan nesta localidade por medio de cédula, e por carta certificada con xustificante de recepción, que se unirá a este expediente, os residentes fóra dela, facéndose ademais extensivos os edictos mandados publicar á convocatoria para os acredores que non poidan ser citados na forma disposta, coa prevención a eles de que poderán concorrer persoalmente ou por medio de representante con poder abondo para iso, e co título xustificativo do seu crédito, requisito sen o cal non serán admitidos; quedan á disposición dos acredores ou dos seus representantes na secretaría deste xulgado, o informe dos interventores, as relacións do activo e o pasivo, a memoria, o balance, a relación dos créditos e os seus acredores con dereito a

abstención e a proposición de convenio presentado polo debedor, co fin de que poidan obte-las copias ou notas oportunas para tódolos efectos e, en especial, para os dereitos que resulten recoñecidos no artigo 11 da mencionada lei, sobre impugnación, omisión e exceso ou diminución de créditos segundo a lista presentada, a verificarse precisamente ata os quince días antes do sinalado para a xunta; fágaselles saber

ós interventores xudiciais que, oito días antes da celebración da xunta, deberán presenta-la lista definitiva de acredores que formen, consonte os requisitos do artigo 12 da citada lei.

Así, por este meu auto, dispóñoo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado: Cristina García Velasco».

E para que así conste e sirva de coñecemento xeral, así como para a súa publicación no xornal oficial e demais, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido o presente edicto, que selo e asino na Estrada o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

366