Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.017

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1998 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección bibliotecas e sección arquivos) desta universidade.

En relación coa convocatoria de probas selectivas para cubrir 5 prazas de sección de bibliotecas e 3 prazas de sección de arquivos, convocadas por Resolución do 13 de novembro de 1997 (DOG do 15 de decembro).

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas polo artigo 18 da Lei 11/1983, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.e) dela, así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolveu:

Modifica-la composición do tribunal que figura na convocatoria ó renuncia-lo vocal suplente, Isidoro Castaño Ballesteros. Para substituílo noméase vocal suplente a Teresa López Lajos, axudante de biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da xunta de persoal P.A.S.-funcionario.

Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá formularse, logo da notificación a este rectorado, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

232