Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.011

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997 pola que se convoca un concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1536/1997 e dezaseis máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4 do Real Decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rec

torado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Os ditos concursos rexeranse polo disposto Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); no Real Decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real Decreto 1427/1986, do 13 de xuño; e na Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda. para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais.

a) Ser español. Así mesmo, poderán acceder os nacionais dos países a que se refire o Real Decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira. Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1 ou 2, do Real Decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1 c) do Real Decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel mesmo se sinalan, os interesados deberán acreditar que son eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade, quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

Cuarta. Os aspirantes, por dereitos de exame e dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente 48/2, outros ingresos, de Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a cantidade de 4.000 pesetas en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. Non acredita-lo pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta. Quen desexe tomar parte no concurso remitirá correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoriano BOE, achegando o xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten que reúne os requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da fin do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación ante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Séptima. O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos para participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes fixando o seu día, hora e lugar de celebración.

Oitava. No acto de presentación, os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real Decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real Decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena. Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, nos quince días hábiles seguintes ó de concluír a actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveran a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, pero deberán presentar unha certificación do misterio ou organismo do que dependan, que acredite a súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

Francisco Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1536/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía vexetal.

Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Vexetal.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1537/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioquímica e bioloxía molecular.

Departamento ó que está adscrita: Bioquímica e Bioloxía Molecular.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: bioquímica e bioloxía molecular. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1538/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito civil.

Departamento ó que está adscrita: Dereito Común.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: dereito civil. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza n1: 1539/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento á que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: contabilidade financeira. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1540/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: linguaxes e sistemas informáticos.

Departamento ó que está adscrita: Electrónica e Computación.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1541/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: farmacia e tecnoloxía farmacéutica.

Departamento ó que está adscrita: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: tecnoloxía farmacéutica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1542/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: farmacoloxía.

Departamento ó que está adscrita: Farmacoloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: farmacoloxía terapéutica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1543/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxías galega e portuguesa.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: lingua galega e crítica textual galega. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1544/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filosofía.

Departamento ó que está adscrita: Filosofía e Antropoloxía Social.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: metafísica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1545/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: fundamentos da análise económica.

Departamento ó que está adscrita: fundamentos da Análise Económica.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: teoría económica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1546/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: prehistoria.

Departamento ó que está adscrita: Historia I.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: fundamentos de etnoloxía. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1547/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia e institucións económicas.

Departamento ó que está adscrita: Historia e Institucións Económicas.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: historia económica e historia da España contemporánea. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1548/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: matemática aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Matemática Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: matemáticas (Facultade de Química). Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1549/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: psicobioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: fundamentos de psicobioloxía. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1550/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química física.

Departamento ó que está adscrita: Química Física.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: química física. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1551/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química inorgánica.

Departamento ó que está adscrita: Química Inorgánica.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: fundamentos químicos da enxeñería. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 2.

Praza nº: 1552/1997 e 1553/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: óptica.

Departamento ó que está adscrita: Física Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: optometría e contactoloxía. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

638