Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

De conformidade co previsto nos apartados 14, 15 e 16 da base sexta da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, unha vez rematadas as probas selectivas que compoñen a fase de oposición, procede que os respectivos tribunais publiquen a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición pola orde de puntuación total obtida, así como abri-lo prazo para que os ditos aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen na fase

de concurso. Ademais, os tribunais poderán declarar que superaron a fase de oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

Adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais sobre a resolución da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-la lista correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e no servicio de persoal do propio Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, facultándose para isto expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar rematada a fase de oposición nas categorías de TEL, TER, auxiliar de enfermería, auxiliar administrativo, telefonista, celador e operario.

Segundo.-Publica-la relación alfabética e a relación pola orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios dos aspirantes que superaron a fase de oposición das citadas categorías.

Terceiro.-Abri-lo prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes presenten a súa documentación de participación na fase de concurso, referida exclusivamente ós servicios prestados como persoal laboral no propio Complexo Hospitalario hospital Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

10097