Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, relativos á publicación do cuarto exercicio.

Convocado concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospi

talario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), e adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes no cuarto exercicio da fase de oposición das categorías de ATS/DUE, grupo de xestión da función administrativa e asistente social, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías de ATS/DUE, grupo de xestión da función administrativa e asistente social, relativas ó cuarto exercicio da fase de oposición, tendo en conta que, de conformidade coa devandita convocatoria, tódolos presentados a este último exercicio teñen consideración de aptos.

Non obstante, de presentarse solicitudes de comprobación ou revisión da puntuación outorgada perante o propio tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir da publicación desta resolución, a estimación ou desestimación, se é o caso, destas entenderase implícita na resolución que publique a conclusión da fase de oposición.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

675