Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1998, do tribunal IV-1E, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 2, auxiliar mecánico/a, oficial 2ª mecánico/a, mecánico/a reparación obras, do grupo IV, do personal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 20 de xaneiro de 1998 polo tribunal IV-1E, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 2, auxiliar mecánico/a, oficial 2ª mecánico/a, mecánico/a reparación obras, do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) acordouse:

1º Que o segundo exercicio para os aspirantes aprobados no primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso á categoría 2, auxiliar mecánico/a, oficial 2ª mecánico/a, mecánico/a reparación obras, do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, terá lugar ás 17.30 horas do día 10 de febreiro de 1998 no salón de actos da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita en San Caetano, Santiago de Compostela.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3. e base II.3.2.) e do bolígrafo.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1998.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal

674