Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se outorga o permiso de investigación Las Portas, número 5637.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria, do 14 de novembro de 1997, foi outorgado o permiso de investigación Las Portas, número 5.637 de 24 cuadrículas mineiras para recursos de ferro que se sitúa nos concellos de Ribas de Sil da provincia de Lugo e San Xoán de Río da provincia de Ourense.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 14 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

380