Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre dereitos de participación do persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.

Visto o texto do acordo sobre dereitos de participación do persoal ó servicio da Administración de Galicia, en materia de riscos laborais, que se asinou con data do 29 de setembro de 1997, entre os representantes da Administración da Xunta de Galicia e os representantes das organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO), Unión General de Trabajadores (UGT), Converxencia Intersindical Galega (CIG) e Confederación de Sindicatos Independientes

e Sindical de Funcionarios (CSI-CSIF), e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño de órganos de representatividade, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro xeral desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Acordo sobre dereitos de participación do persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais

En Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1997, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, representada por Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública; José Antonio Álvarez Vidal, secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e as organizacións sindicais CC.OO, UGT, CIG e CSI-CSIF, representadas, respectivamente, por Emilio Crespo Correa, CC.OO; Luis Suárez Poza, UGT; Xan Carlos Rodríguez Ansia, CIG e Jesús Fariña Pombo, CSI-CSIF, conveñen en subscribi-lo seguinte acordo:

Instroducción.

O artigo 40.2º da Constitución española de 1978 di:

«Os poderes públicos fomentarán unha política que garantan a formación e readaptación profesionais, velarán pola seguridade e hixiene no traballo e garantirán o descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións períodicas retribuídas e a promoción dos centros adecuados».

Por outra banda, en cumprimento da Directiva Marco 89/391/CEE (do 12 de xuño de 1989), a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención dos riscos laborais, regula no seu capítulo V a consulta e participación dos traballadores en materias que afectan á seguridade e saúde no traballo e, máis concretamente, no artigo 33 establece a obriga empresarial de someter á consulta dos representantes dos traballadores ou, no seu defecto, ós propios traballadores individuais, coa debida antelación, a adopción dunha serie de decisións relativas á protección da saúde e á prevención dos riscos profesionais na empresa, e no seu artigo 34 establece o dereito dos traballadores a participar na empresa nas cuestións relacionadas coa prevención dos riscos no traballo, sendo os delegados de prevención e os comités de seguridade e saúde os mecanismos de participación especializada nas materias de prevención.

Pois ben, o presente acordo ten por finalidade concreta-los mecanismos de participación do persoal ó servicio da Xunta de Galicia nas materias relacionadas coa prevención dos riscos no traballo, o seu número, competencias, facultades e garantías necesarias para o exercicio das súas funcións especializadas.

Como consecuencia de todo o anterior, as partes asinantes acordan:

1. Ámbito persoal.

O acordo é aplicable a todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

2. Obxecto do acordo.

O presente acordo ten por obxecto regula-la participación dos empregados públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, dependentes da Xunta de Galicia, nas tarefas e funcións previstas na Lei de prevención de riscos laborais, adaptando e concretando as súas previsións ás particularidades propias da súa estructura xurídica e da súa dispersión territorial.

3. Delegados de prevención.

Son delegados de prevención nos termos definidos na Lei de prevención de riscos laborais tanto os designados entre os membros da xuntas de persoal e comités de empresa como os designados por estes órganos cando, nos ámbitos recollidos no anexo, non existan traballadores que ostenten a condición de delegados de persoal ou delegados sindicais. Para a elección dos delegados de prevención tómanse como ámbitos os reflectidos no anexo, sendo o número de delegados que se elixirán de acordo co disposto no artigo 35 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, o que, así mesmo, figura no citado anexo.

4. Competencias dos delegados de prevención.

As competencias dos delegados de prevención son, de acordo co disposto na Lei de prevención de riscos laborais, as seguintes:

-Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

-Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.

-Ser consultados polo empresario, con carácter previo á súa execución, acerca das decisións ás que se refire o artigo 33 da Lei de riscos laborais.

-Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

5. Garantías e segredo profesional dos delegados de prevención.

As garantías dos delegados de prevención, no exercicio das funcións e potestades recoñecidas neste acordo e no artigo 37 da Lei de prevención de riscos laborais, abranguerán tanto os que ostentan a condición de delegado de persoal ou membro dun órgano de representación unitaria como os designados por estes que non ostenten tal condición.

6. Crédito horario.

O crédito horario de carácter fixo dos delegados de prevención será, con carácter xeral, o que lle corresponda por aplicación das previsións da Lei de prevención de riscos laborais; no caso de delegados de prevención que carezan de crédito horario por non teren a condición de delegados de persoal, delegados sindicais ou membros electos de órganos unitarios, desfrutarán do tempo necesario para poder realiza-las súas funcións. Neste suposto agás casos de forza maior debidamente acreditada, deberán comunicárllelo ós correspondentes responsables de persoal da consellería na que estean prestando servicios cunha antelación mínima de 24 horas. Posteriormente xustificarán tal utilización.

7. Formación.

Os delegados de prevención teñen o dereito a ser formados, informados e actualizados en materias relacionadas co seu cometido, tanto de carácter xeral como específico, comprometéndose a Administración, a tra

vés do Servicio de Prevención, a promove-la devandita formación e actualización.

8. Comités de seguridade e saúde.

En cada un dos ámbito definidos no anexo constituirase un comité de seguridade e saúde, coa composición e competencias previstas nos artigos 38 e 39 da lei.

9. Comisións de seguridade e saúde.

Tanto da mesa xeral como de cada unha das sectoriais emanarán comisións de saúde laboral, que serán paritarias, e que terán competencia específica na negociación en materia de saúde laboral. As organizacións sindicais presentes en cada mesa contarán cun representante cada unha delas na citada comisión.

10. Comisión paritaria de seguimento e interpretación deste acordo. Inmediatamente, e a continuación da entrada en vigor deste acordo, constituirase unha comisión paritaria de seguimento e interpretación que, ademais da avaliación do grao de cumprimento do

acordo, resolverá sobre as controversias que xurdan na súa aplicación. As resolucións desta comisión tomaranse por unanimidade e, cando non sexa posible, farase constar na acta a motivación explícita do desacordo. Na comisión paritaria estarán presentes as organizacións sindicais asinantes do presente acordo.

11. Ámbito temporal.

O acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, podendo se modificado ou derrogado por acordo das partes asinantes.

Polas organizacións sindicais:

Emilio Crespo Correa (CC.OO)

Luís Suárez Poza (UGT)

Xan Carlos Rodríguez Ansia (CIG)

Jesús Fariña Pombo (CSI-CSIF)

Pola Administración:

Joaquín López-Rúa Soler

José Antonio Álvarez Vidal

ANEXO

Servicios periféricos da Coruña

DelegaciónCensoD.P. Pers. Lab.CensoD.P. Pers. Func.Totais

Presidencia7824913
Economía1819623
Educación449344936
Política Territorial107311336
Industria3018823
Sanidade752436537
Agricultura536444837
Cultura2414712
Pesca55219635
Xustiza9829924
Familia27838025

ANEXO

Servicios periféricos de Lugo

DelegaciónCensoD.P. Pers. Lab.CensoD.P. Pers. Func.Totais

Presidencia1114312
Economía914312
Educación36639625
Política Territorial7628424

DelegaciónCensoD.P. Pers. Lab.CensoD.P. Pers. Func.Totais

Industria814212
Sanidade250325636
Agricultura301341936
Cultura1914212
Pesca1316323
Xustiza3814912
Familia16234714

ANEXO

Servicios periféricos de Ourense

DelegaciónCensoD.P. Pers. Lab.CensoD.P. Pers. Func.Totais

Presidencia1614412
Economía814912
Educación304322336
Política Territorial8528424
Industria913412
Sanidade270326036
Agricultura193343036
Cultura3214812
Pesca
Xustiza3613712
Familia21236125

ANEXO

Servicios periféricos de Pontevedra

DelegaciónCensoD.P. Pers. Lab.CensoD.P. Pers. Func.Totais

Presidencia4116223
Economía17113734
Educación415343236
Política Territorial116319436
Industria1416423
Sanidade303330136

DelegaciónCensoD.P. Pers. Lab.CensoD.P. Pers. Func.Totais

Agricultura307336336
Cultura2814012
Pesca100222135
Xustiza8827424
Familia22637725

Servicios centrais

D.P. Pers. laboralD.P. Pers. funcionarioTotais

358

Ensino-persoal docente

ÁmbitoDelegados de prevención

A Coruña8
Lugo8
Ourense6
Pontevedra8

Administración de xustiza

ÁmbitoDelegados de prevención

A Coruña4
Lugo3
Ourense3
Pontevedra4

Delegados de prevención por área de saúde

do persoal de institucións sanitarias

do Servicio Galego de Saúde

Nº de

traballadores

Nº de

delegados

de prevención

Áreas sanitarias/comités

de seguridade e saúde

Área A Coruña4.8748

Área Santiago3.4387

Área Ferrol1.7845

Área Lugo2.4686

Área Burela5904

Área Monforte5204

Nº de

traballadores

Nº de

delegados

de prevención

Área Ourense

3.914

7

Área O Barco7194

Área norte Pontevedra2.9736

Área sur Pontevedra6.1338
Persoal laboral

Comités de empresa

Sta. María Madre7404

H. Cirúrxico Provincial2853

H. Psiquiátrico de Conxo2313
Total28.66969

534