Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 739

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa La Artística Productos Químicos, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa La Artística Productos Químicos, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-12-1997, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o día 9-7-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo,

sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa La Artística Productos Químicos, S.A. para o ano 1997

Artigo 1º.-Partes asinantes e ámbito.

Son partes asinantes do presente convenio colectivo, pola parte económica, a representación da empresa La Artística Productos Químicos, S.A., e pola parte social os delegados de persoal de La Artística Productos Químicos, S.A.

Este convenio, que se concerta entre a representación económica e social da empresa referida, será de aplicación a todo o seu persoal.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio terá vixencia durante o ano 1997, do 1 de xaneiro ó 31 de decembro. Calquera que for a data do seu asinamento ou publicación no Diario Oficial de Galicia, os efectos económicos retrotraeranse, en todo caso, ó 1 de xaneiro de 1997.

Este convenio prorrogarase por un ano máis, salvo denuncia dalgunha das partes, cun mes de anticipación á fin da súa vixencia. Denunciado o convenio, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 3º.-Normas supletorias.

Serán as de carácter xeral.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Este convenio garante como mínimo as condicións existentes, aplicándose sobre elas os seus beneficios.

Respectaranse os dereitos adquiridos e condicións máis beneficiosas que están establecidas na empresa á entrada en vigor deste convenio.

Artigo 5º.-Xornada e vacacións.

A xornada anual será de 1.768 horas de traballo efectivo e as vacacións anuais en 30 días ininterrompidos. A xornada diaria efectiva será de 8 horas de traballo.

No presente ano 1997, La Artística Productos Químicos, S.A. desfrutará as vacacións en dous períodos, polo que terá unha reducción de 8 horas sobre as 1.768 h, quedando a súa xornada anual efectiva en 1.760 h de traballo.

Os días establecidos como descanso ou vacacións serán retribuídos como tempo efectivo de traballo.

Artigo 6º.-Xornada nocturna.

Establécese un plus de nocturnidade como complemento de posto de traballo para os traballadores que presten os seus servicios en quenda de noite, consistente nun 10% sobre o salario base que corresponda en cada caso e por noite efectivamente traballada.

No obstante o anterior, recoñécese o dereito adquirido de maneira expresa e a favor dos traballadores fixos do cadro de persoal á entrada en vigor do convenio para 1997 de que a referida porcentaxe sexa un 25% en lugar do 10%. Tamén se recoñece o dereito adquirido ós mesmos traballadores que, prestando normalmente os seus servicios en quenda de día e temporalmente pasen, por requirimento da empresa, á

quenda de noite, a percibiren, ademais do plus citado, os seguintes complementos por noite efectivamente traballada: para dúas semanas consecutivas ou menos de traballo en quenda de noite: 2.650 ptas./noite traballada; para máis de dúas semanas consecutivas de traballo na quenda de noite: 2.400 ptas./noite traballada. Nestas circunstancias, o paso á quenda de noite será voluntario.

O paso dun destes traballadores fixos da quenda de día, co dereito adquirido descrito, a fixos da quenda de noite, esixirá o previo acordo do interesado coa empresa respecto das condicións de remuneración do seu traballo como fixo da quenda de noite.

Artigo 7º.-Salario.

O importe do salario base será o que figura nas táboas anexas.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá 2 pagas extraordinarias, unha no mes de xullo, pagadoira na primeira quincena, e outra en decembro, pagadoira do 15 ó 18, cun importe de 30 días de salario base, máis, se for o caso, a antigüidade que corresponda.

Artigo 9º.-Beneficios.

Todo o persoal percibirá unha gratificación anual que se devengará semestralmente, do 15 ó 20 dos meses de xaneiro e xullo. En xaneiro a correspondente ó segundo semestre do ano anterior (1996) e en xullo, a do primeiro semestre do ano que corre (1997). Consistirá no 10% sobre o salario base, sobre a antigüidade e sobre as dúas pagas extra efectivamente percibidas.

Artigo 10º.-Accidente laboral.

As baixas por accidente laboral non darán lugar á perda da paga de beneficios, a cal se percibirá como se se traballase.

Ademais, para os accidentes que dean lugar a IT ocorridos dentro do recinto da empresa ou durante as horas en que estea a prestar servicio ás empresas, completarase a prestación da Seguridade Social por accidente laboral ata o 100% da base reguladora a partir do 6º día de baixa, incluído. En caso de hospitalización dos 5 primeiros días, completarase ó 100% a prestación desde o primeiro día. Para este complemento a cargo da empresa, establécese un límite de duración de 18 meses desde o inicio da baixa, coincidindo co período máximo de IT establecido na lei.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Acordan as partes que a partir do día de entrada en vigor do convenio para 1997 desaparecerá o concepto retributivo de antigüidade, salvo para as persoas a prol das cales se recoñece a continuación o seguinte dereito adquirido: recoñécese de maneira expresa e formal a prol de tódolos traballadores fixos do cadro de persoal á entrada en vigor do convenio de 1997 e que estean a prestar servicios para a empresa o dereito adquirido ás percepcións polo extinguido concepto de antigüidade.

Este dereito adquirido esténdese non só a seguir devengando no futuro as cantidades que ata a data viñan percibindo por este concepto, senón a que sigan xerando quinquenios, cos correspondentes devengos, ata chegar ó límite máximo de cinco quinquenios. O réxime destas percepcións por antigüidade, para quen teña o dereito adquirido a elas, seguirá sendo o mesmo que existía ata o de agora, e sobre estas percepcións seguiranse aplicando os incrementos que se pacten nos futuros convenios colectivos. Os traballadores e a empresa poderán pactar individualmente a absorción deste concepto, entendéndose que esta absorción se poderá realizar unicamente co acordo expreso do traballador.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á supresión das horas extra que non veñan impostas por causas de forza maior ou que teñan o carácter de estructurais. Enténdese por horas extra estructurais:

a) As que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.

b) As necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate. As de mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

Terán a consideración de horas extra festivas aquelas que se realicen en sábado ou nos días festivos declarados legalmente, e retribuiranse na contía establecida na táboa anexa ó presente convenio.

En tódalas horas extra retribuídas que se realicen cada día, o traballador percibirá, ademais do valor da hora extra pactado en convenio, e co obxecto de axudar a tódolos gastos en que puidese incorre-lo traballador como consecuencia da realización das ditas horas, os seguintes complementos:

-Ata 4 horas: 375 ptas./hora.

-Máis de 4 horas: 1.500 ptas./día.

Se as horas extra se realizan entre as 22 h e as 6 h. do día seguinte, ademais do complemento anterior o traballador percibirá o valor da hora extra pactado na táboa incrementado nun 25% en concepto de nocturnidade.

O importe das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa.

Artigo 13º.-Falecemento dun traballador.

En caso de falecemento dun traballador, a empresa aboaralle ó seu cónxuxe, no seu defecto ós fillos e no seu defecto ós pais, nesta orde e sempre que dependan economicamente do traballador falecido, as cantidades que se relacionan segundo as seguintes causas:

a) Se o falecemento é debido á enfermidade ou accidente non laboral: 515.750 ptas.

b) Se o falecemento é debido a accidente laboral: 887.090 ptas.

Artigo 14º.-Categorías profesionais.

Substitúese a categoría de aprendiz menor de 18 anos pola de aprendiz, cos salarios que figuran na táboa anexa.

Os especialistas de 2ª serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª como máximo ós 6 meses de antigüidade na empresa.

Os porteiros e serenos equiparanse como mínimo a especialistas de 1ª en categoría e retribución.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

As empresas proverán os seus traballadores da roupa necesaria para o exercicio do seu labor e non poderá ser inferior a dúas pezas ó ano.

Artigo 16º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Satisfarase co incremento do 3,15% sobre o que estivo en vigor en 1996. Computarase por períodos semanais e terá dereito a el o persoal que no cometese máis dunha falta de asistencia ou puntualidade durante o dito período e alcanzará ós días traballados máis domingos e festivos.

Non obstante o exposto no parágrafo anterior, o dito plus percibirase igualmente nos seguintes supostos:

a) Cando o traballador se ausente para cumprir funcións de carácter sindical.

b) Durante os períodos regulamentarios de vacacións.

c) Cando algún traballador se ausente por causa de citacións xudiciais ou gobernativas ou para asistir a algún exame por estudios oficiais, mesmo o obrigatorio para obte-lo permiso de conducir e para a obtención ou renovación do DNI.

d) Durante os días traballados na semana na que se produza a baixa ou a alta, orixinados por causa de accidente laboral.

e) Por asistencia á consulta médica.

f) Durante os días en que o traballador estea ausente con permiso por causa de morte dos pais, cónxuxe, fillos, avós, netos e irmáns. En caso de convivencia co traballador, calquera persoa.

g) Durante o permiso motivado por parto de esposa, intervención cirúrxica ou enfermidade grave dos familiares comprendidos na alínea f).

Artigo 17º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Os traballadores que viñesen prestando servicios para as empresas o 1 de xaneiro de 1996 e que, conforme o artigo 60 da ordenanza laboral para a industria metalgráfica viñan percibindo o plus de traballos tóxicos, penosos e perigosos na contía establecida no anterior convenio, conservarán o dito dereito a pesar da derrogación da ordenanza, percibindo o plus na contía do ano anterior, incrementada coa mesma porcentaxe pactada para a táboa salarial do convenio.

Artigo 18º.-Incapacidade permanente parcial.

Cando ó traballador lle sexa declarada unha incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, a empresa terá a obriga de o admitir e lle

proporcionar traballo que non lle supoña diminución na súa remuneración, a cal se deberá manter na contía íntegra que lle corresponda, segundo a súa categoría profesional.

Artigo 19º.-Axuda escolar.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir por cada fillo escolarizado a cantidade de 2.651 ptas. mensuais, durante os doce meses do ano, e na idade de 3 a 23 anos, logo de xustificación.

Artigo 20º.-Axuda a minusválidos.

Os traballadores con fillos beneficiarios da prestación de minusvalidez da Seguridade Social percibirán da empresa unha axuda de 18.617 ptas. mensuais.

Artigo 21º.-Xubilacións.

Os traballadores que se xubilen entre os 60 e os 65 anos percibirán da empresa as cantidades que se detallan na seguinte escala:

Ós 60 anos 928.350 ptas.

Ós 61 anos 814.885 ptas.

Ós 62 anos 716.893 ptas.

Ós 63 anos 618.900 ptas.

Ós 64 anos 541.538 ptas.

Ós 65 anos 474.490 ptas.

Artigo 22º.-Baixas por incapacidade permanente absoluta.

Os traballadores que causen baixas por incapacidade permanente, no grao de absoluta, por proposta da comisión técnica cualificadora provincial ou central da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa 541.538 ptas. por unha soa vez, calquera que sexa a súa idade.

Artigo 23º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) Durante tres días, que se poderán ampliar ata dous máis, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para:

Nos casos de parto da esposa, enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, pai ou nai, netos, avós e irmáns. En caso de convivencia co traballador, calquera persoa.

b) Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

c) Un día natural en caso de matrimonio de fillos, irmáns ou pais.

d) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical, nos casos representativos e non excedendo de 40 horas laborais ó mes.

e) As nais con fillos menores de nove meses terán unha reducción dunha hora na xornada laboral, a cal será retribuída pola empresa.

f) A empresa aboará un permiso retribuído en 15 días naturais, en caso de matrimonio.

Nos parentescos enténdese tanto nos graos de consanguinidade como de afinidade.

Artigo 24º.-Plus de transporte.

Incrementarase no 3,15% sobre o que estivo en vigor no ano anterior.

Artigo 25º.-Maternidade.

As traballadoras en período de xestación poderán solicita-lo cambio parcial ou temporal de posto de traballo sempre que, a xuízo do médico de empresa e do seu xinecólogo, o posto que desempeña lle proporcione dificultades anormais.

A empresa complementaralle á traballadora desde a súa baixa por maternidade o 100% da base reguladora durante 16 semanas.

Artigo 26º.-Funcións do comité de empresa.

De acordo co convido nas leis, os comités terán facultades para interviren en materia de:

a) Negociación colectiva.

b) Seguridade e hixiene.

c) Expedientes de regulación de emprego.

d) Folga.

e) Seren informados trimestralmente pola empresa no tocante á súa situación e marcha xeral.

E serán informados, do mesmo xeito, en materia de:

a) Mobilidade do persoal.

b) Imposición de sancións e despedimentos.

c) Evolución do emprego e horas extra.

As empresas facilitarán un local para o funcionamento dos comités, dotado de arquivos para a súa documentación e máquina de escribir. Para a reproducción de circulares para o persoal, procurarán facilitárlle-lo seu servicio de multicopista compatibilizándoo co traballo normal das oficinas.

Artigo 27º.-Asembleas.

Poderán ter lugar dentro dos locais de ámbalas firmas, fóra de horas de traballo, cando o soliciten da empresa o comité ou o 20% dos traballadores, polo menos con 48 horas de anticipación á súa celebración.

Mentres non se destine a outro fin, o local que cederá a empresa será o mesmo utilizado ata o de agora.

Artigo 28º.-Cota sindical.

As empresas descontaranlles ós traballadores afiliados ós sindicatos con representación do 10% de delegados no comité e que pertenzan a centrais de ámbito nacional, de nacionalidade ou rexión, a cota sindical, logo de conformidade do interesado por escrito.

Os mencionados escritos dos traballadores terán unha vixencia mínima dun ano, salvo comunicación en contrario do interesado.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

Terán as seguintes garantías:

a) No suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, as empresas, xunto ó escrito de sanción

ó interesado, entregarán copia para a súa sección sindical.

b) Poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións que a non obstaculización da producción.

c) As seccións sindicais coa representación mencionada no presente artigo poderán realizar asembleas fóra de horas de traballo nos locais da empresa, logo de llo solicitar a esta.

d) As seccións sindicais de empresa que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados de ata un máximo de 7 días anuais de licencia non retribuída, para asistencia a cursos, congresos, etc. dunha central.

A licencia requirirá notificación á empresa cunha semana de anticipación.

e) A empresa estará obrigada a concede-la excedencia polo tempo necesario para os traballadores que ocupen un cargo sindical con carácter, como mínimo, provincial.

Artigo 30º.-Revisión salarial.

No caso de o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística, rexistrase o 30 de setembro de 1997 un incremento respecto ó 31 de decembro de 1996 superior ó 2,8%

(dous con oito por cento), efectuarase unha revisión salarial tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia. Esta revisión, no suposto de a ter que facer efectiva, serao sobre os meses de outubro, novembro e decembro de 1997 e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás retribucións vixentes o 31 de decembro de 1996.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria integrada por tres representantes dos traballadores e tres representantes da empresa. Será presidida pola persoa que a mesma comisión designe por ámbalas partes, podendo actua-la comisión sen presidente, se así se acordase.

Será función principal da comisión paritaria interpreta-las cláusulas do convenio pronunciando unha arbitraxe nas cuestións controvertidas que se lle presenten.

Artigo 32º.-Retribución persoal feminino.

Aplicarase o establecido no artigo 28 do Estatuto dos traballadores.

Vigo, 21 de xullo de 1997.

R. patronal

Teresa Ramos Barbosa

R. traballadores

J. Carlos Goberna Pérez

José París Lago

Convenio colectivo da empresa La Artística Productos Químicos, S.A., para o ano 1997

CategoríasTabla salarial de 1997Tabla salarial de 1996

Importe

día/mes

Hor. Ext.

normales

Hor. Ext.

festivas

Importe

día/mes

Hor. Ext.

normales

Hor. Ext.

festivas

Grupo de operarios

Aprendiz2.788,921.0981.2892.703,751.0261.205
Peón3.349,701.3651.6013.247,411.2761.496
Espta. 2ª3.462,641.3891.6343.356,411.2981.527
Espta. 1ª3.567,99(1)1.4231.6573.459,03(1)1.3301.549
Oficial 3ª3.884,15(2)1.5001.7583.765,54(2)1.4021.643
Oficial 2ª4.241,69(3)1.6571.9374.112,16(3)1.5491.810
Oficial 1ª4.441,19(4)1.7462.0374.305,56(4)1.6321.904
Of. Es. Litog.4.674,531.8812.1974.531,781.7582.053
Port./sereno3.567,99(1)1.4231.6573.459,03(1)1.3301.549
Almaceneiro3.884,15(2)1.5001.7583,765,54(2)1.4021.643
Grupo de administrativos

Xefe 1ª154.1042.0602.405149.3981.9252.248
Xefe 2ª144.9152.0602.405140.4901.9252.248
Oficial administrativo 1ª135.086(4)1.7462.037130.961(4)1.6321.904
Oficial administrativo 2ª129.019(3)1.6571.937125.079(3)1.5491.810
Auxiliar administrativo118.143(2)1.5001.758114.535(2)1.4021.643
Telefonista108.527(1)1.4231.657105.213(1)1.3301.549
Grupo de técnicos

Delineante 3ª121.9081.5801.836118.1851.4771.716
Delineante 2ª129.1311.6571.937125.1881.5491.810
Delineante 1ª136.5831.7822.083132.4121.6651.947
Mestre encargado153.8382.0602.405149.1401.9252.248
Encargado sección146.3631.9272.237141.8931.8012.091
Titulado medio154.1042.0602.405149.3981.9252.248
Titulado superior200.1172.0602.405194.0061.9252.248

Lista do ficheiro de conceptos fixos de retribución correspondente a 1997-L.A.F.Q.

594