Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 737

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da insdustria de ebanistería e afíns de Lugo, para a corrección da táboa salarial do convenio.

Visto o texto do acordo firmado o día 14 de novembro de 1997, pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector da industria de ebanistería e afíns de Lugo (código 2700245), integrada polas representacións da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo e das centrais sindicais

UGT, CC.OO., USO y CIG, mediante o que se acorda a corrección da táboa salaria do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 26 de novembro de l997.

(Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo

Acta

En Lugo, ás 12 horas do día 11 de novembro de 1997, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (praza de Santo Domingo, 6-8, 2º) as persoas á marxe relacionadas, co obxecto de proceder á corrección da táboa salarial do convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira de Lugo para o período que vai do 1-4-1997 ó 31-3-1998.

Os representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Primeira Transformación da Madeira, Rematantes e Aserradoiros de Lugo, son todos eles membros da comisión negociadora do referido convenio clectivo.

Tal condición desempeñaraán tamén os representantes das centrais sindicais UGT, CC.OO., CIG e USO.

Os representantes da central sindical CIG comparecen en calidade de representantes dun sindicato coa condición de máis representativo na Comunidade Autónoma e na calidade de interesado na corrección que se acorda.

Os asistentes expoñen como antecedentes:

I. A asociación empresarial comparecente e mailas centrais sindicais UGT, CC.OO., e USO constituíron a comisión negociadora do convenio colectivo en data 3 de xuño de 1997, procedendo ó asinamento do texto e maila súa táboa salarial en data 24 de xuño de 1997, sendo rexistradas as actas correspondentes, xunto co texto e táboa salarial do convenio na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en data 30 de xuño de 1997.

II. O convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira de Lugo para o período de vai desde o 1 de abril de 1997 ata o 31 de marzo de

1998 publicouse no BOP de Lugo, número 188, do 18 de agosto de 1997.

III. Que as partes acordaron en su día, coa excepción da central sindical CIG, o asinamento do convenio referido no número anterior aplicando o contido do convenio colectivo estatal da madeira, publicado no Boletín Oficial del Estado do 20 de maio de 1996.

Segundo o mencionado, procedeuse a aplica-la xornada, incremento salarial, e compensación pola perda da antigüidade acordado no convenio colectivo estatal da madeira.

IV. Que, unha vez publicado o convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira de Lugo xorden dúbidas, ó discrepa-la central sindical CIG, sobre a correcta aplicación do previsto no convenio colectivo estatal da madeira en relación á compensación pola perda da antigüidade, polo que se procede a remitir consulta á Comisión Mixta Paritaria do convenio colectivo estatal da madeira.

V. Que o 28 de octubre de 1997, a Comisión Mixta Paritaria do convenio colectivo estatal da madeira emite contestación ó escrito de consulta remitido polos membros da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de primeira transformación da madeira de Lugo, constantándose a aplicación, neste último convenio, da compensación pola perda da antigüidade de forma non axustada ó convenio colectivo estatal da madeira.

VI. Que, sendo o acordo da comisión negociadora do convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira de Lugo a aplicación do convenio colectivo estatal da madeira, ó constatarse a existencia de erro na compensación pola perda de antigüidade, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Os membros da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de primeira transformación da medeira de Lugo, isto é, a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira, Rematantes e Aserradoiros de Lugo e mailas centrais sindicais UGT, USO e CC.OO. acordan a corrección da táboa salarial do referido convenio co obxecto de acomodala ó previsto no convenio colectivo estatal da madeira para a compensación pola perda da antigüidade, procedéndose ó asinamento da táboa xa corrixida.

Así mesmo acórdase que as diferencias de salarios que teñan que aboárselles ós traballadores como consecuencia da nova táboa se farán efectivos no prazo de 2 meses contados a partir da publicación da presente acta, e maila táboa anexa, no BOP de Lugo.

Pola súa parte, a central sindical CIG manifesta neste acto o seguinte: que estes acordos foron tomados a raíz de que a CIG presentou conflicto colectivo ante o Xulgado do Social por entender que os traballadores de Lugo perdían masa salarial, por ser incorrecta a aplicación do concepto de compensación pola perda da antigüidade. Así mesmo, manifestamo-lo noso rexeitamento ó convenio estatal da madeira e a nosa vontade de asinar un convenio galego do sector de primeira transformación da madeira e aserradorios,

o que se igualen os salarios das catro provincias galegas.

Así mesmo, as partes asinantes, isto é, as centrais sindicais UGT, CC.OO. e USO e maila Asociación Provincial de Empresarios de Primeira Transformación da Madeira, Rematantes e Aserradoiros de Lugo, manifestan que os acordos contidos na presente acta foron tomados a raíz da resolución dictada pola Comisión Mixta Paritaria do convenio colectivo estatal da madeira do 28 de outubro de 1997.

Segundo.-Remiti-la presente acta, xunto coa táboa salarial anexa, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta as persoas á marxe relacionadas no lugar e data indicados no encabezamento.

Asistentes:

Pola Asociación Provincial de Empresarios de Primeira Transformación da Medeira, Rematantes e Aserradoiros de Lugo.

-Fortunato Lorenzo Folgueiro.-Francisco Romero Diéguez.-José Fernández Fernández.-Antonio Besteiro Fernández.

Polas centrais sindicais:

UGT (55,2%).

-Adolfo Mosteirín Turia.-Mª Jesús Blanco Cadahia.-José Luis Castrillón.-Francisco Domenech Fanego.-Alfonso García Capón.

USO (27,6%).

-Manuel Expósito López.-Manuel Silvarey Cabado.-Mª Carmen Arias Río.

CC.OO. (3,4%)

-Jesús Varela Lodeiro.-Ángel Barreiro Pérez.

CIG (13,8%).

-Ignacio Javier García Gómez

Táboa salarial vixente do 1-4-1997 ó 31-3-1998

Categorías profesionaisSalario basePlus

asistencia

Compensación

antigüidade

(mes)

Compensación

antigüidade

(ano)

Quinquenio

consolidade

Total anual

Encargado, xefe de oficina2.8801221.30418.25657.0461.269.767
Oficial de 1ª, viaxante, serrador, medidor, conductor2.8201221.27717.87855.8581.243.889
Afiador, oficial de 2ª, serrador de serra circular2.7781221.25817.61255.0441.225.773
Axudante2.6961221.22117.09453.4161.190.405
Peón especialista2.6881221.21717.03853.2401.186.949
Peón vixilante2.6741221.21016.94052.9541.180.901
Aprendiz2.141122 97013.58042.416 951.016

188