Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 509

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos acadados pola comisión negociadora do convenio colectivo de Empresas Organizadoras do Xogo do Bingo, sobre: 1. Vixencia do convenio colectivo publicado no DOG do 26-9-1996; 2. Actualización salarial para o ano 1997; 3. Convenio colectivo para o ano 1998.

Visto os acordos acadados pola comisión negociadora do convenio colectivo de Empresas Organizadoras do Xogo de Bingo, con data do 31 de outubro de 1997, consistentes en: 1. Vixencia para o ano 1997 do texto articulado do convenio colectivo publicado por Resolución do 19-7-1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, no Diario Oficial de Galicia nº 189, do 26-9-1996. 2. Actualización salarial para o ano 1997. 3. Texto do convenio colectivo de Empresas Organizadoras do Xogo de Bingo, aplicable a partir do 1 de xaneiro de 1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitirlle o texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

P.S. (Orde do 12-9-1997, DOG nº 191, do 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1. Vixencia para o ano 1997 do texto articulado do convenio colectivo publicado por Resolución do 19-7-1996 da Dirección Xeral de Relacións Laborais no DOG nº 189 do 26-9-1996.

Tendo en conta as modificacións estructurais en materia salarial pactadas nesta nova negociación colectiva e as disfuncións que podería ocasiona-la aplicación de forma retroactiva, acórdase de maneira expresa, prorroga-la vixencia inicial do publicado por Resolución do 19-7-1996 da Dirección Xeral de Relacións Laborais no DOG nº 189 do 26-9-1996, en todo o seu texto articulado para o ano 1997.

En canto á aplicación do contrato eventual por circunstancias da producción, conforme a modificación lexislativa operada polo R.D.L. 8/1997, do 16 de marzo, os celebrados en aplicación da dita nova regulación, convense expresamente o seguinte:

A duración mínima deste tipo de contratos será de 6 meses e a máxima de 13 meses nun período de 18 meses. En caso de que se concerte por un período inferior a 13 meses, poderá ser prorrogado mediante acordo entre as partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite.

Ó finalizar este ou calquera das súas prórrogas, o traballador terá dereito a unha indemnización equivalente a 1 día do seu salario por mes traballado ou pro rata, se é o caso, e ata un máximo de 13 días.

Non poderán utilizar esta modalidade de contratación, nos termos anteriormente expostos, as empresas que non teñan cubertos os cadros de persoal de traballadores mínimos establecidos no artigo 8º do vixente Convenio Colectivo.

2. Actualización salarial para o ano 1997.

Para o ano 1997 páctase un incremento salarial do tres por cento (3 %), que se devengará desde o 1 de xaneiro de 1997, e que se aplicará sobre os seguintes conceptos: salario base, antigüidade, plus de transporte e quebranto de moeda, resultando os seus importes nas contías seguintes:

Salario base: 88.006 pesetas mensuais.

Antigüidade: 2.138 pesetas mensuais.

Plus de transporte: 7.096 pesetas mensuais, por doce mensualidades.

Quebranto de moeda: 4.546 pesetas mensuais durante 11 meses ó ano.

As horas extraordinarias aboaranse polas seguintes contías:

Categoría A: 1.700 pesetas.

Categoría B: 1.600 pesetas.

Categoría C: 1.500 pesetas.

A liquidación dos atrasos correspondentes será realizada polas empresas dentro do mes seguinte ó asinamento do presente convenio, nunha soa liquidación de haberes independente.

3. Texto do convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo, aplicable a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

Este convenio afecta á totalidade de empresas dedicadas á organización do xogo do bingo que exerzan a súa actividade, total o parcialmente, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto ás actualmente en funcionamento como ás que nun futuro se constitúan.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores que prestan os seus servicios nas empresas a que fai referencia o artigo anterior e igualmente a aqueles que con posterioridade á entrada en vigor deste convenio, ingresen nelas. O convenio establece as bases para as relacións laborais entre empresas e traballadores afectados por el, calquera que sexa a modalidade de contratación laboral.

Artigo 3º.-Vínculo á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán considerados no seu conxunto, globalmente, polo que, no suposto de que a autoridade laboral competente, no exercicio das súas facultades, non homologase algunha das súas cláusulas, quedaría sen eficacia na súa totalidade e deberase reconsiderar todo o seu contido.

Artigo 4º.-Melloras adquiridas.

As empresas afectadas por este convenio respectarán as condicións máis beneficiosas ou vantaxosas concedidas ós seus traballadores, antes ou despois da súa aprobación, e serán consideradas todas elas en cómputo anual e no seu conxunto, sen prexuízo do disposto no artigo 5º.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

Tódalas condicións pactadas neste convenio son compensables na súa totalidade e no seu cómputo anual polas melloras, de calquera natureza, que veñan desfrutando os traballadores, cando estas superen a contía total do convenio e se consideren absorbibles desde a súa entrada en vigor.

Artigo 6º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1998, con independencia da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 31 de decembro de 1998, tendo por tanto unha duración de 1 ano. En todo caso, a súa denuncia non significará modificación ningunha do texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución por outro novo nos termos que as partes establezan.

Artigo 7º.-Características do convenio.

Tódalas condicións económicas ou doutra índole pactadas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, teñen a consideración de mínimas.

De mutuo acordo entre as partes poderanse subscribir acordos ou pactos entre empresas e os seus traballadores a través dos seus órganos de representación sindical, tendo estes carácter de complementarios do presente convenio.

Os conflictos que se orixinen resolveranse, polo tanto, conforme prevé o Estatuto dos traballadores para a resolución de conflictos de normas.

Artigo 8º.-Réxime de contratación e fomento do emprego.

As empresas afectadas polo presente convenio cubrirán os postos de traballo dos seus cadros de persoal, conforme as normas vixentes en materia de contratación e afiliación ó réxime da Seguridade Social.

Estas empresas terán que contar cun mínimo de persoal de carácter fixo, igual ó número que segundo a categoría de cada sala e con carácter mínimo prevexan as normas administrativas do xogo do bingo da C.A. de Galicia.

No asinamento dos contratos de traballo estarán presentes, polo menos, un representante legal dos traballadores, se o houber, ó que se lle entregará unha fotocopia do contrato, sen prexuízo da copia correspondente ó traballador.

Nas salas de nova apertura, a contratación será revisada pola comisión paritaria do convenio, debendo o empresario comunicarlle á citada comisión, cunha antelación mínima de oito días, a data de apertura prevista e a lista de futuros traballadores con indicación dos postos que van desempeñar.

Dada a actual situación de desemprego existente, a partir da entrada en vigor deste convenio, queda prohibida a contratación de persoal en réxime de pluriemprego, exceptuándose desta prohibición o traballador fixo de carácter descontinuo.

Os novos postos de traballo, así como as vacantes que se produzan, cubriranse en igualdade de condicións, preferentemente mediante a contratación de profesionais de bingo en situación de desemprego, así como de traballadores que desempeñasen funcións na empresa de maneira temporal.

As empresas facilitarán a formación dos seus cadros de persoal, sendo para iso propicia e aconsellable a realización de prácticas en postos de traballo de categoría superior.

A comisión paritaria velará polo estricto cumprimento do previsto neste artigo.

Artigo 9º.-Modalidades de contratación.

A contratación de traballadores axustarase ás normas legalmente establecidas, vixentes en cada momento, e especificamente ás que figuran no presente convenio colectivo, comprometéndose as empresas á utilización das distintas modalidades de contratación previstas na lei, de acordo coa finalidade de cada unha delas.

Contrato de duración indeterminada.

Tódalas empresas afectadas por este convenio cubrirán, polo menos, os postos de traballo dos seus correspondentes cadros de persoal mínimos fixados nas normas administrativas que regulan o xogo do bingo, con persoal fixo de cadro de persoal.

Contrato fixo de traballo descontinuo.

Haberá que aterse ó establecido no Art. 12 do Estatuto dos traballadores.

Poderá concertarse para realizar traballos fixos e periódicos, xa se repitan ou non en datas certas, dentro do volume normal de actividade da empresa; así, nas salas que funcionen unicamente determinados días da semana e naqueloutras nas que a actividade e afluencia de público se incremente en determinadas épocas do ano.

A consideración de traballadores fixos descontinuos farase constar obrigatoriamente no contrato de traballo que se subscriba, así como as especiais circunstancias que poidan concorrer nel. Computarase a súa antigüidade para tódolos efectos desde o asinamento do contrato de traballo.

O chamamento deberá realizarse por orde de antigüidade dentro de cada especialidade. O mesmo criterio rexerá cando o empresario acorde prolonga-la actividade do traballador, sempre que este non teña suspendido o contrato por tempo igual ou superior ó da prolongación, sendo esta de obrigada aceptación por parte do traballador.

Contrato de traballo a tempo parcial.

Haberá que aterse ó disposto no Art. 12 do Estatuto dos traballadores.

Poderá realizarse por tempo indefinido ou por duración determinada nos supostos nos que legalmente se permita a utilización desta modalidade de contratación.

Deberá constar entre outros elementos se o contrato se celebra por tempo indefinido ou por duración determinada, identificando neste último caso o suposto previsto no Art. 15 do E.T. que xustifica tal duración, así como o número e distribución de

horas ó día, á semana, ó mes ou ó ano, durante as que o traballador vai prestar servicios.

A duración da xornada contractual para este tipo de traballadores en ningún caso poderá ser inferior a 12 horas nin exceder de 20 horas semanais.

O traballador fixo a tempo parcial non poderá realizar horas extraordinarias. En caso de realizalas, o contrato transformarase automaticamente en contrato fixo a tempo completo. Quedan excluídas desta prohibición as horas extraordinarias realizadas por causa de forza maior, tales como substitución por enfermidade, ausencias, etc.

En caso de incremento de cadro de persoal ou vacante que haxa que cubrir en igual categoría, os traballadores contratados a tempo parcial terán preferencia sobre novas contratacións a tempo completo.

O traballador a tempo parcial non verá minguados os seus dereitos con respecto ós traballadores a tempo completo, incluídos os dereitos sindicais.

O número de traballadores baixo esta modalidade de contratación en ningún caso poderá exceder do 33 % do cadro de persoal fixo mínimo.

Contrato eventual por circunstancias da producción.

Haberá que aterse ó disposto no Art. 15 do Estatuto dos traballadores.

A duración mínima deste contrato será de 6 meses e a máxima de 13 meses nun período de 18 meses. En caso de que se concerte por un período inferior a 13 meses, poderá ser prorrogado mediante acordo entre as partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite.

Ó finalizar este ou calquera das súas prórrogas, o traballador terá dereito a unha indemnización equivalente a 1 día do seu salario por mes traballado ou pro rata, se é o caso, ata un máximo de 13 días.

As empresas, para poderen utilizar este tipo de contratos deberán ter como mínimo un cadro de persoal fixo de acordo coa categoría da sala, conforme a seguinte escala:

Salas de 3ª categoría: 4 traballadores.

Salas de 2ª categoría: 8 traballadores.

Salas de 1ª categoría: 11 traballadores.

Salas de categoría especial: 20 traballadores.

En caso de non teren estes mínimos, as empresas non poderán contratar con esta modalidade máis do 10 % da totalidade do cadro de persoal.

Contrato de interinidade.

Para substituír traballadores con dereito a reserva de posto de traballo nos supostos previstos no Estatuto dos traballadores, no contrato especificarase o nome do substituído e a causa da substitución.

Contrato para a formación.

Ten por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado

dos postos de traballo en cada unha das súas categorías, podéndose celebrar unicamente con traballadores maiores de 18 anos e menores de 21.

A duración deste contrato non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 12.

As empresas só poderán contratar baixo esta modalidade o número de traballadores previsto regulamentariamente.

A retribución dos pluses será a pactada no convenio colectivo para a categoría de que se trate, salvo o salario convenio, que terá un importe do 85 % do vixente en cada momento, para cada categoría profesional e de sala.

O tempo dedicado á formación teórica deberá alternarse cos de traballo efectivo, de forma que o tempo global correspondente a aquela non poderá ser inferior a un 15 % do da xornada anual prevista no convenio.

Contrato en prácticas.

Tendo en conta que os requirimentos formativos para as categorías profesionais establecidas neste convenio non supoñen a adquisición de títulos universitarios ou de formación profesional de grao medio ou superior, nin existen títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes que habiliten para o exercicio profesional, as partes entenden que non cabe a utilización desta modalidade contractual no ámbito de aplicación do presente convenio.

Artigo 10º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas limitarán a contratación de traballadores a través de empresas de traballo temporal ata un máximo do 10% do cadro de persoal de cada unha.

Artigo 11º.-Categorías profesionais.

En canto á definición de categorías profesionais, aplicarase o previsto no Art. 24 do Regulamento do xogo do bingo aprobado polo Decreto 273/1986, do 31 de xullo.

Artigo 12º.-Período de proba.

O ingreso de traballadores considerarase feito a título de proba, que deberá constar por escrito no contrato de traballo, non podendo exceder dos seguintes límites :

Para a categoría A: 3 meses.

Para as categorías B e C: 2 meses.

Artigo 13º.-Liquidacións.

En caso de extinción da relación laboral, faráselle entrega ó traballador da correspondente liquidación de haberes cunha antelación de 5 días á data prevista da extinción

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A xornada laboral anual será de 1.800 horas de traballo efectivo.

Artigo 15º.-Xornada laboral e descansos.

Durante a vixencia do presente convenio, establécese unha xornada de traballo efectivo semanal

de 40 horas e desfrutarase dun descanso semanal de dous días consecutivos, a non ser que a xornada semanal sexa inferior a 40 horas; neste caso aplicarase o previsto no Art. 37 do Estatuto dos traballadores, podendo non obstante pactarse entre empresas e traballadores calquera sistema de xornada e descansos que permita a lexislación vixente de acordo con reducción de xornada semanal ou compensación de descansos, ben sexan estes en cómputo mensual, trimestral ou anual.

En caso de aplicarse un sistema especial, confeccionarase un calendario de actividade anual no que se especifiquen as características do citado sistema, debendo ser visado pola representación legal dos traballadores.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais, ou parte proporcional ó tempo traballado.

A empresa e traballadores elaborarán, a máis tardar no mes de decembre de cada ano, o cadro de vacacións correspondente ó ano seguinte; para estes efectos os traballadores con responsabilidades familiares terán preferencia a que o seu período de vacacións coincida con períodos de vacacións escolares conforme dispón o apartado 2) do Art. 38 do E.T., sendo criterio complementario a antigüidade na empresa; o resto de traballadores rexerase polo criterio de antigüidade.

Artigo 17º.-Festivos aboables non recuperables.

Os festivos non recuperables poranse de mutuo acordo entre empresas e traballadores.

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre empresas e traballadores, acumularse ás vacacións anuais, ou seren desfrutadas como descanso continuado en período distinto.

No suposto de que os festivos aboables non recuperables se desfruten de forma continuada, a empresa respectará o descanso semanal, acumulando a este o número de festas.

Artigo 18º.-Festa do traballo -1º de maio-.

Convense expresamente que o 1 de maio será día laborable, a cambio de considerar non laborables os días 24 e 31 de decembro.

Artigo 19º.-Xubilación.

Cada traballador cunha antigüidade de 10 anos na empresa percibirá no momento da súa xubilación as seguintes cantidades, en función da idade no momento de producirse a dita xubilación:

Idade xubilaciónImporte que percibirá

653 meses de salario real

644 meses de salario real

635 meses de salario real

626 meses de salario real

617 meses de salario real

609 meses de salario real

En tódolos casos, as cantidades consignadas incrementaranse nun mes por cada 5 anos de antigüidade que exceda dos 10, sen prexuízo do que puidese corresponder ós traballadores por aplicación da normativa vixente para empresas de menos de 25 traballadores.

Artigo 20º.-Enfermidade ou accidente.

Os traballadores que se encontren en incapacidade laboral transitoria por accidentes, hospitalización ou convalecencia derivada de hospitalización percibirán o 100 % de su salario real desde o primeiro día.

As empresas afectadas polo presente convenio contratarán unha póliza de seguros que lles garanta ós seus traballadores as seguintes indemnizacións :

-Por falecemento, calquera que sexa a causa : 2.000.000 de pesetas.

-Por invalidez absoluta ou gran invalidez : 2.000.000 de pesetas, sendo necesario para este suposto a declaración e cualificación administrativa correspondente.

En caso de non ter contratada a dita cobertura, será a empresa a responsable do pagamento das sumas antes indicadas.

Artigo 21º.-Excedencias.

Recoñécese o dereito de excedencia, conforme o previsto no Art. 46 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

Todo traballador afectado polo presente convenio terá dereito a permisos retribuídos, polos días naturais que se establecen a continuación, sempre que avise con antelación e se xustifiquen suficientemente:

-Por matrimonio do traballador: 15 días.

-Por nacemento de fillos: 3 días.

-Por falecemento ou enfermidade grave de parentes ata o 2º grao de consanguinidade o afinidade: 3 días, ampliable a 5 se a circunstancia se desenvolve fóra da C.A. de Galicia.

-Por matrimonio de pais, irmáns e fillos: 1 día, ampliable a 3 se o acontecemento se produce fóra da C.A. de Galicia.

-Por traslado de su domicilio habitual dentro do municipio: 1 día, ampliable a 2 se se produce fóra del.

En caso de matrimonio do traballador e sempre que este teña 2 anos de antigüidade, terá dereito a percibir como premio de nupcialidade unha gratificación equivalente a 30 días de salario convenio e antigüidade.

Artigo 23º.-Maternidade.

As baixas por maternidade serán de 16 semanas obrigatorias, de acordo coa normativa vixente. Durante o embarazo o horario de traballo axustarase, a petición da traballadora, entre as 8 e as 22 horas.

Artigo 25º.-Resolución de contratos.

Será causa suficiente para que as empresas afectadas polo presente convenio poidan resolve-los contratos de traballo cos seus traballadores, sen máis trámite que o conducente á obtención dos dereitos do subsidio de desemprego para os traballadores afectados, o feito da revogación das autorizacións administrativas de que son titulares para o exercicio da actividade, sempre que esta revogación non teña a súa causa en expediente sancionador conforme a lexislación vixente en materia de xogo.

De todas estas resolucións de contratos daráselle conta á comisión paritaria do convenio.

Artigo 26º.-Subrogación de servicios.

Será aplicable o disposto nos artigos 24, 43 e 44 do Estatuto dos traballadores con respecto ás garantías por cambio de empresario.

Artigo 27º.-Condicións económicas.

As condicións económicas e de toda índole pactadas no presente convenio convéñense expresamente entre as partes, en razón entre outras, da natureza parcialmente nocturna do traballo, tendo en conta o horario administrativo que é de aplicación á actividade, e entendéndose polo tanto englobados nas condicións económicas establecidas todos aqueles emolumentos e demais conceptos salariais e extrasalariais que por razón da mencionada nocturnidade puidesen corresponder legalmente.

Artigo 28º.-Roupa de traballo.

As empresas subministraranlles cada ano, como mínimo, a tódolos traballadores, dous uniformes completos: un de verán e outro de inverno. Así mesmo subministrarán todas aquelas pezas de roupa para as que as empresas establezan condicións determinadas respecto do seu modelo ou cor.

Artigo 29º.-Control horario.

As empresas disporán dun control registro de entradas e saídas do traballo, coa sinatura de cada traballador, salvo que o dito control sexa efectuado por medios informáticos.

Artigo 30º.-Dereitos sindicais do traballador.

Tódolos representantes legais dos traballadores terán dereito a:

-Difundir publicacións e avisos de carácter sindical nos locais da empresa entre os traballadores, fóra das horas de traballo.

-Fixar todo tipo de comunicacións e anuncios de carácter sindical no taboleiro de anuncios que para tal efecto deberá facilitar e establecer a súa localización a empresa, dentro das súas instalacións.

-Recada-las cotas sindicais dos afiliados así como calquera tipo de contribución con fins sindicais, fóra das horas de traballo.

O traballador que sexa elixido para desempeñaren cargos sindicais de ámbito superior á empresa poderá solicitar excedencia sindical por un período máximo

igual ó mandato sindical para o que se encontre designado, sendo obrigatoria para a empresa a súa concesión e a correspondente reserva do posto de traballo, debendo acredita-lo sindicato ó que represente de maneira que dea fe da circunstancia da elección do traballador e o tempo previsto inicialmente para o desempeño do mandato.

En todo caso, a dita excedencia non poderá supera-lo prazo de 4 anos, debendo en todo caso o traballador solicita-la súa reincorporación cun aviso previo mínimo de 1 mes.

Artigo 31º.-Dereitos dos delegados de persoal.

Os delegados de persoal, ademais das competencias establecidas no Estatuto dos traballadores, terán dereito a:

-Convocaren asembleas de traballadores, logo de notificación á empresa, nos centros de traballo e fóra da xornada laboral.

-Disporán dun saldo de 20 horas mensuais de permiso retribuído para atender asuntos de carácter laboral dos seus representados, logo de notificación á empresa e posterior xustificación.

-Disporán dun permiso non retribuído de ata 8 días ó ano para o exercicio de actividades sindicais á marxe da empresa, logo de notificación á empresa con 72 horas e posterior xustificación.

-Que se lle comunique ó resto do persoal o seu despedimento, en caso de producirse.

-Seren informados, con carácter previo á súa execución pola empresa, da reestructuración do cadro de persoal, peches temporais ou definitivos, reducción de xornada, así como sobre os plans de formación profesional da empresa; sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo, valoración de postos de traballo e sistemas de incentivos.

-Seren informados sobre as sancións impostas por faltas moi graves, en especial nos supostos de despedimento, así como coñecereno índice de absentismo laboral e as súas causas.

-Seren informados pola empresa sobre a evolución xeral do sector ó que pertence esta, así como sobre o seu programa de evolución probable de emprego nesta.

Ademais, os delegados de persoal poderán exercer un labor de seguimento sobre incumprimento de normas vixentes en materia laboral e de seguridade social.

Artigo 32º.-Garantías.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser sancionado ou despedido sen causa xustificada durante o exercicio das súas funcións, nin dentro dos 2 anos seguintes ó seu cesamento.

Se o despedimento ou a sanción obedecesen a outras causas, deberase tramita-lo correspondente

expediente disciplinario contradictorio conforme prevé a lexislación vixente.

Terán prioridade na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desempeña-la súa representación.

Artigo 33º.-Seccións sindicais.

Os sindicatos que conten cun mínimo do 50 % de afiliados na empresa, e sempre que esta conte con máis de 20 traballadores, poderán constituír seccións sindicais dos seus afiliados ante a dirección da empresa. As seccións sindicais terán un delegado sindical que gozará dos dereitos e garantías fixados para os delegados de persoal, con excepción do referente á reserva de horas sindicais.

Tódolos traballadores afectados por este convenio que ostenten cargos sindicais de carácter provincial terán recoñecidos os dereitos que lles recoñece a Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 34º.-Cotas sindicais.

Co fin de facilita-lo labor de cobramento de cotas sindicais, as empresas comprométense a descontárllelas directamente en nómina ós traballadores que o soliciten por escrito.

Artigo 35º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar con carácter obrigatorio terá dereito á reserva do seu posto de traballo polo tempo que dure este, debendo reincorporarse ó seu posto de traballo no prazo máximo de 1 mes desde a súa finalización. Igualmente terá dereito a percibir durante ese tempo as gratificacións extraordinarias previstas neste convenio.

Artigo 36º.-Comisión paritaria do convenio.

Constitúese unha comisión paritaria que cumprirá as seguintes funcións:

-Interpretación da totalidade das cláusulas do presente convenio.

-Aplicación do pactado e vixilancia do seu cumprimento.

-Seguimento daqueles acordos que se deban desenvolver en tempo e durante a vixencia destes.

-Mediación, arbitraxe e conciliación, en caso de conflictos entre empresas e traballadores, no suposto de conflicto colectivo por instancia dun dos seus órganos poderase solicitar a inmediata reunión desta comisión para efectos de interpoñe-la súa mediación, interpreta-lo acordado e ofrece-la súa arbitraxe.

-Elaborar e propoñerlle á Administración pública modificacións ou actualizacións que sexan conve

nientes ás normas administrativas do xogo para a súa mellor aplicación.

-Adoptar novos acordos que desenvolvan o pactado neste convenio se así o requirisen as circunstancias.

Artigo 37º.-Composición da comisión paritaria.

A comisión paritaria estará integrada por dous órganos; un en representación da asociación empresarial ABIGA e outro en representación das centrais sindicais asinantes deste convenio, debéndose acreditar para esta última representación un mínimo do 10 % de representación no sector.

Ámbolos órganos terán o mesmo número de membros, que en ningún caso será superior a 5 por órgano e cada unha das partes poderá ser asistida por un asesor, con voz pero sen voto.

Os acordos da comisión paritaria requirirán, en calquera caso, seren adoptados por maioría simple de votos, quedando validamente constituída a dita comisión, cando sexa convocada por calquera das partes, logo de cita telegráfica ou vía fax con polo menos 72 horas de antelación.

As partes asinantes deste convenio elaborarán un Regulamento de funcionamento da mencionada comisión, coas características que as partes determinen.

Artigo 38º.-Réxime sancionador.

En canto ó réxime sancionador, terase en conta o disposto na lexislación laboral vixente e as normas administrativas que regulan o xogo do bingo na C.A. de Galicia.

Para a aplicación de sancións terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta, a categoría laboral do infractor e a repercusión do feito nos demais traballadores, no público e na empresa.

Artigo 39º.-Abuso de autoridade-procedemento.

Todo traballador poderá dar conta por escrito, directamente ou a través dos seus representantes, á dirección da empresa de cantos actos supoñan abuso de autoridade dos seus compañeiros de traballo. Recibido o escrito, a dirección abrirá o oportuno expediente no prazo máximo de 10 días.

En caso contrario, os representantes legais dos traballadores ou o propio interesado poderán formula-las oportunas denuncias ante a delegación de traballo ou organismo competente.

Artigo 40º.-Estructura salarial e condicións económicas.

Estructura salarial.

Durante a vixencia do presente convenio, a retribución do persoal por xornada laboral de traballo estará constituída polos seguintes conceptos:

Salario convenio.

Plus de antigüidade.

Gratificacións extraordinarias.

Complementos extrasalariais.

Horas extraordinarias.

Tódolos conceptos salariais e extrasalariais, en caso de traballadores a tempo parcial, fixo descontinuo, ou en caso de desempeño transitorio de funcións, serán aboados na parte proporcional que corresponda a cada caso, entendéndose que as contías previstas se corresponden coa xornada normal de traballo pactada neste convenio.

Salario convenio.

O salario convenio queda fixado, en función da categoría administrativa da sala e por categorías profesionais, nas seguintes cantidades:

X. salaX. mesa-Iv.Ad.Aux

caixeiro

Cat. ACat. BCat. C

Sala Espec.130.128118.721107.316

Sala 1ª Ctg.118.721110.738101.613

Sala 2ª Ctg.107.316101.613 95.910

Sala 3ª Ctg. 98.762 95.910 93.629

Plus de antigüidade.

Tódolos traballadores terán dereito, por cada dous anos de traballo, a percibiren bienios de 2.138 ptas. mensuais, ata acadaren un máximo do 60 % do salario convenio, en concepto de plus de antigüidade.

Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores percibirán tres gratificacións extraordinarias que aboarán as empresas nas seguintes datas:

1. O día 20 de decembro.

2. O día 30 de xuño.

3. No momento de iniciar cada traballador as súas vacacións anuais.

O importe de cada unha destas pagas estará composto polo salario convenio e o plus de antigüidade.

Complementos extrasalariais.

Os únicos complementos extrasalariais pactados neste convenio son os seguintes:

1. Quebranto de moeda.

As empresas aboaranlles ós xefes de mesa-caixeiros e locutores vendedores un plus de quebranto de moeda de 4.546 pesetas mensuais durante 11 meses ó ano.

Este plus cobrarano, proporcionalmente ós días traballados, aqueles traballadores que realicen funcións de cambio de moeda nas máquinas recreativas e de azar instaladas nas salas de bingo.

2. Plus de transporte.

Como compensación de gastos de desprazamento e medios de transporte dentro da localidade, así como

desde o domicilio ó centro de traballo e regreso, establécese un plus de distancia e transporte, na contía de 7.273 pesetas mensuais durante 12 meses ó ano e para tódalas categorías.

3. Plus de prolongación de xornada.

Co fin de compensar economicamente aqueles traballadores que por necesidades reais das salas teñan que realizar traballos fóra de horas normais, tales como cerramento de caixa, recollida de sala, revisión de cartóns etc, as empresas aboarán un plus de prolongación de xornada mensual, durante 11 meses ó ano, dos seguintes importes:

Categoría A: 4.049 pesetas.

Categoría B: 3.863 pesetas.

Categoría C: 3.450 pesetas.

Sempre que se perciba este plus, o tempo dedicado á realización dos ditos traballos non terá a consideración de horas extraordinarias, non podendo dedicarse este tempo en ningún momento á atención de clientes.

Horas extraordinarias.

Ante a situación de desemprego existente e co obxecto de favorece-la creación de novos postos de traballo, as partes acordan regula-las horas extraordinarias con carácter restrictivo, conforme os seguintes criterios:

1. Suprímense as horas extraordinarias con carácter habitual.

2. Unicamente se poderán realizar horas extraordinarias por necesidades de carácter estructural.

3. Cada hora extraordinaria que se realice sobre a duración máxima da xornada laboral aboarase conforme a seguinte escala:

Categoría A: 1.743 pesetas.

Categoría B: 1.640 pesetas.

Categoría C: 1.538 pesetas.

4. O número de horas extraordinarias non poderá ser superior ó establecido na lexislación vixente.

5. A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria.

6. A realización das horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregándolle copia do resumo semanal ó comité de empresa ou delegado de persoal, e ó traballador afectado.

Artigo 41º.-Adaptación da estructura salarial vixente o 31-12-1997 ó presente convenio.

Réxime de adaptación.

O cambio da estructura salarial realizarase na primera nómina correspondente ó mes de xaneiro de 1998, axustándose ó disposto no artigo anterior.

Plus de actividade por dereitos adquiridos.

Como consecuencia do novo réxime estructural salarial, que afecta á supresión dos conceptos salario base e plus de actividade e que quedan substituídos polo salario convenio, aqueles traballadores que veñan percibindo en concepto de plus de actividade o 31 de decembro de 1997 importes superiores ós reflectidos a continuación, pola diferencia entre ámbolos importes, manterán como concepto retributivo un complemento salarial mensual ad personam, denominado plus de actividade por dereitos adquiridos, que non terá carácter absorbible nin compensable, e cunha contía determinada conforme o disposto anteriormente que se actualizará no 2,5% para o ano 1998.

Este plus aboarase e integrarase igualmente en cada unha das gratificacións extraordinarias.

Plus de actividade a 31-12-1997

X. salaX. mesa-Iv.Ad.Aux

caixeiro

Cat. ACat. BCat. C

Ctg. Espec.38.94827.81916.692

Ctg. 1ª27.81920.03111.128

Ctg. 2ª16.69211.128 5.564

Ctg. 3ª 8.347 5.564 3.339

Artigo 42º.-Revisión salarial para 1998.

A revisión salarial pactada para o ano 1998 xa se encontra incluída nos importes correspondentes ós conceptos salariais e extrasalariais previstos no artigo 40, e correspóndese co 2,5% sobre os conceptos: salario convenio, plus de transporte e horas extraordinarias.

Non obstante o anterior, se o IPC real publicado oficialmente o 31-12-1998 superase o 2,5, procederá, sobre os conceptos salariais antes sinalados, así como sobre o plus de actividade por dereitos adquiridos, a revisión correspondente á diferencia, que se fará efectiva nos 30 días seguintes ó da publicación na dita referencia.

Artigo 43º.-Novas aperturas e cambios de categoría de salas.

As salas de nova apertura fixarán a estructura salarial que afecta ós seus traballadores, en función da categoría administrativa outorgada a ela, desde o primeiro día do seu funcionamento.

Os cambios de categoría que se produzan e que sexan autorizados pola Administración competente suporán, a partir do mes seguinte á data da súa autorización, a adaptación dos importes dos conceptos salariais e extrasalariais á nova situación xurídica.

Artigo 44º.-Horario máximo de cerramento.

Durante a vixencia do presente convenio o horario máximo de cerramento das salas será o reflectido a continuación; non obstante e con autorización expresa da autoridade competente e logo de acordo

de tódalas salas do mesmo municipio, estes horarios poderán ser ampliados, pero nunca por período superior a un mes.

InviernoVerán

do 1-10 ó 30-6do 1-7 ó 30-9

Sábados y Visp. de Fest.3.30 horas4 horas

Resto días3 horas3.30 horas

Rubricado

10562