Examinado o expediente que presenta o colexio público de educación permanente de adultos do
Porriño ó abeiro da Resolución do 30 de maio de 1997 (DOG do 26 de xuño), da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se regula o desenvolvemento dos programas de garantía social en centros públicos para o curso 1997-1998.
Tendo en conta a Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio), pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta dirección xeral,
RESOLVE:
Autorizarlle, para o curso escolar 1997/1998, ó colexio público de educación permanente de adultos do Porriño, a impartición do programa de garantía social introducción á informática da familia profesional informática, na modalidade de formación educativa e profesional.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1998.
José Luis Mira Lema
Director xeral de Ordenación Educativa
e de Formación Profesional
10152