Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 509

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se lle autoriza a impartición dun programa de garantía social durante o curso 1997/1998 ó Colexio Fogar San Roque de Vigo.

Examinado o expediente que presenta o Colexio Fogar San Roque de Vigo polo que solicita a impartición do programa de garantía social introducción ás máquinas e ferramentas.

Tendo en conta a Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio), pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia, e o informe da Inspección educativa, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle, para o curso escolar 1997/1998, ó Colexio Fogar San Roque de Vigo, a impartición do programa de garantía social introducción ás máquinas e ferramentas, da familia profesional de fabricación mecánica.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1998.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

98-263