Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 495

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (181/1996).

Pedro Afonso Rodríguez, oficial en funcións de secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, certifica que nos autos de xuízo de menor contía nº 181/1996, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.

En Muros, un de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Isabel Lago López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos co nº 181/1996, promovidos polo procurador Ignacio Otero Ramos, en nome e representación de Manuel Lestón Mayo, maior de idade, veciño do concello de Muros, con domicilio en Abelleira, asistido polo letrado Rafael Pardo Padernera, contra a entidade mercantil Explotaciones Marinas, S.A., con domicilio na Coruña, peirao da Palloza, almacén 1-E, en situa

ción procesual de rebeldía, dictou a seguinte sentencia da que é decisión:

Que, estimando integramente a demanda formulada polo procurador Otero Ramos, en nome e representación de Manuel Lestón Mayo, contra Explotaciones Marinas, S.A., en situación de rebeldía, debo declarar e declaro resolto o contrato de compravenda entre o demandante e a demandada respecto á nave industrial Agro da Punta e a concesión administrativa descrita no feito primeiro da demanda, con data do 18 de xullo de 1991, todo con expresa condena en custas á demandada.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que, por non ser firme, é susceptible de ser recorrida en apelación no prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde na forma prevista no artigo 283 da Lei de axuizamento civil, se a parte demandante non solicita a súa notificación persoal no prazo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que así conste, para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado para que lle sirva de notificación ó demandado, compañía Explotaciones Marinas, S.A., declarada en rebeldía, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o 12 de decembro de 1997.

O oficial en funcións de secretario

Rubricado