Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (121/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado xuíz deste xulgado, no xuízo verbal da faltas número 121/1997, que se segue por lesións en agresión, cítase a Víctor Manuel Duro Rodríguez para que o vindeiro día vintetrés de xaneiro ás 10.45 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Víctor Manuel Duro Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado