Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 23 de decembro de 1997, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío dos resgardos dos depósitos definitivos en aval bancario, números 1098/93, 1099/93 e 1251/93, para os efectos de expedición dos duplicados.

Producido o extravío dos resgardos dos depósitos, constituídos na caixa de depósitos desta delegación, en aval bancario, garantíndolle a Construcciones Alea, S.L. ante a Consellería de Cultura e Xuventude que se detallan: nº 1098/93 do 18-10-1993. Fianza definitiva. Obras de reformado do de reforma da residencia xuvenil Altamar en Vigo. 341.652 ptas. Nº 1099/1993 do 18-10-1993. Fianza definitiva. Obras: complementario da reforma da residencia xuvenil Altamar en Vigo. 334.001 ptas. e nº 1251/1993 do 2-11-1993. Fianza definitiva. Obras 2ª fase de reforma da residencia xuvenil Altamar en Vigo. 1.498.926 ptas.; formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poidan atopar, para que os presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38, entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data de publicación do presente anuncio, non se presentasen, procederase sen máis trámite á expedición dos duplicados ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado e declararase nese mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, que non terán valor nin poderán producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 23 de decembro de 1997.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense