Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/145-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eurovento.

Domicilio social: r/ Galeras, 17-3º, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: subestación transformadora As Paxareiras de 66/30 kV.

Situación: concello de Mazaricos.

Descricións técnicas: subestación eléctrica a 30/66 kV, denominada As Paxareiras constituída por: tensión de 66 kV. Estructura metálica de apoio e soporte para dúas posicións de liña, denominadas Tambre e Pontella, levando cada posición un seccionador con coitelas de P.A.T., interruptor automático e trafos de tensións e intensidade. Transformador de potencia 30/66 kV de 40 M.V.A. Tensións de 30 kV. Equipamento formado por: cela de medida, dúas celas de saída á rede eólica, cela de servicios auxiliares, dúas celas de batería de condensador. Equipos de mando, sinalización, control e medida. Concello de Mazaricos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións elétricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de outubro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña