Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de ampliación dunha posición de liña de 132 kV, na subestación de Mera, A Coruña. (Expediente 174/1996).

Vistos os escritos e a documentación presentados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na Coruña, Rúa Fernando Macías, 2, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 9 de outubro de 1996 a citada empresa solicitou a autorización administrativa das instalacións descritas no proxecto de execución de ampliación dunha posición de liña de 132 kV na subestación de Mera (A Coruña) e a aprobación do citado proxecto.

Xúntase á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Ampliación da subestación eléctrica de Mera, chamada Capelada, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. dotándoa dun novo módulo de liña a 132 kV, consistente en:

-Pórtico constituído por perfís de aceiro, para prolongación do embarrado principal, composto por un só conductor por fase de aluminio, tipo cóndor de 454,48 mm y 27,72 mm de diámetro.

-Interruptor automático tripolar de 132 kV y 2.500 A.

-Seccionador tripolar de 132 kV e 2.500 A equipado con conexións de posta a terra.

-Equipos de protección, mando, sinalización e medida.

Segundo.-O citado proxecto de instalación someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 7-1-1997, publicándose no DOG do 3-2-1997 e no BOP da Coruña do 3-2-1997.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonómia de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas da alta tensión e, en concreto, no seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efectos cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la ampliación dunha posición de liña de 132 kV na subestación de Mera (A Coruña).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria y Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, o 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria