Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 435

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (192/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 192/1997-10, por instancia de Carmen González

Cundines, contra Jaime Faílde Bernabé, e nas súas actuacións se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva din literalmente:

Sentencia. En nome de el-Rei, en Santiago de Compostela, o 11 de decembro de 1997.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado baixo o nº 192/1997, no que actuaron como partes, como denunciante, Carmen González Cundines e como denunciado Jaime Faílde Bernabé.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Jaime Faílde Bernabé da falta que se lle imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización, no que exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideran infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que xa fose imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización o

recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reeserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle fosen imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

E para que conste e lle sirva de notificación a Jaime Faílde Bernabé, expido e asino en Santiago de Compostela, dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

98-10526