Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 435

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (286/1997).

No procedemento cognición 286/1997, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra

Roberto Fernández Vilela sobre cognición, dictouse a sentencia que, copiada no seu encabezamento e decisión, é como segue:

En Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de cognición 286/1997, seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Banco Central Hispanoamericano, S.A., co procurador Victorino Regueiro Muñoz, e doutra, como demandado, Roberto Fernández Vilela.

Decido: que, estimando a demanda presentada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Banco Central Hispanoamerciano, S.A., contra Roberto Fernández Vilela, condeno o demandado a lle pagar á demandante a suma de oitenta e unha mil cento sete pesetas (81.107 ptas.) de principal, mailo xuro legal da dita cantidade desde a data do emprazamento para contesta-la demanda, todo con expresa imposición ó demandado das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E co fin de que lle sirva de notificación en forma ó demandado Roberto Fernández Vilela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

98-17