Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 435

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (453/1996).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 453/1996, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o quince de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 453/1996, promovidos polo Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador García-Piccoli e dirixidos pola letrada María José Sánchez, contra José Ramón Mirón Redondo, con domicilio na Rúa París 21-H, 4C de Santiago de Compostela, María José Tato Fuente, con domicilio na Travesía da Choupana 16, baixo, de Santiago de Compostela, María Fuentes Domínguez, con domicilio na rúa Touro número 47, 4º dereita de Santiago de Compostela, José Antonio Meleiro Rodríguez e Aurora Amorín Rodríguez, en ignorado paradoiro, declarados todos en rebeldía.

Decido:

Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a José Ramón Mirón Redondo, María José Tato Fuentes, José Antonio Meleiro Rodríguez, Aurora Amorín Rodríguez e María Fuentes Domínguez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, da cantidade de 1.316.270 pesetas, importe do principal; e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que lles sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, José Antonio Meleiro Rodríguez e Aurora Amorín Rodríguez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

98-10401