Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobada definitivamente polo Pleno do Concello, o 28 de novembro de 1997, a modificación puntual do solo urbanizable nº 4 (Rebordáns) do Plan Xeral de Ordenación Urbana, publícase, de acordo co establecido no Art. 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e para os efectos previstos no Art. 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, e na Lei 30/1992.

Así mesmo, de acordo co sinalado no Art. 48.2º da Lei 1/1997 e no Art. 70.2º da Lei 7/1985, de bases de réxime local, na redacción dada pola Lei

39/1994, faise constar que a modificación consiste en redelimita-lo ámbito do S.U.N.P. nº 4 en Rebordáns, axustándoo á realidade parcelaria existente, co aproveitamento susceptible de apropiación privada do 85% do tipo da área de reparto, de conformidade coa Lei 1/1997, do solo de Galicia, e coa observación feita pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo no seu informe vinculante.

Tui, 2 de decembro de 1997.

Miguel A. Capón Rey

Alcalde

300