Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobada definitivamente polo Pleno do Concello, o 28 de novembro de 1997, a modificación puntual do solo urbanizable nº 5 (Ribadelouro) do Plan Xeral de Ordenación Urbana, publícase, de acordo co establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e para os efectos previstos no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, e na Lei 30/1992.

Así mesmo, de acordo co sinalado no artigo 48.2º da Lei 1/1997 e no artigo 70.2º da Lei 7/1985, de bases de réxime local, na redacción dada pola Lei 39/1994, faise constar que a modificación consiste en adiantar ó primeiro cuadrienio o desenvolvemento deste solo, que estaba programado para o segundo, e de conformidade co establecido no informe da Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo o aproveitamento tipo expresado no anexo, que revisa as áreas de reparto, tomando coeficiente de ponderación 1.00 para a tipoloxía de vivenda colectiva, deberá expresarse en m construíbles de uso e tipoloxía característica da área, ou industrial, de conformidade co que consta na observación feita pola devandita dirección xeral no seu informe, de carácter vinculante.

Tui, 2 de decembro de 1997.

Miguel A. Capón Rey

Alcalde

10502