Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

Resolución do Concello de Quiroga de data 2 de decembro de 1997 referente á convocatoria para a provisión por persoal laboral fixo das prazas incluídas na oferta de emprego para 1997, que se relacionan a continuación:

-1 praza de conserxe-limpador da Casa do Concello.

-1 praza de encargado de servicios.

-2 prazas de operarios de servicios.

-1 praza de varredor.

-1 praza de animador socio-cultural (funcións director guardería infantil).

-1 praza de conserxe subalterno da Casa da Cultura.

-1 praza de asistente social.

No BOP de Lugo n1 283, de data 11 de decembro de 1997 publicáronse integramente as bases e convocatoria para a provisión por concurso das prazas anteriormente relacionadas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da

publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados coa presente convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

Quiroga, 15 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

10501