Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 1-12-1997, adoptou o acordo de aproba-la redacción dun proxecto de modificación puntual do PXOU vixente, no ámbito grafado no plano elaborado polo Servicio Municipal de Arquitectura, que consta no expediente, para os efectos de acadar unha mellora das comunicacións no contorno da zona da denominada Ponte Romai desta cidade de Lugo, e a suspensión cautelar de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, no perímetro que se delimita polo prazo dun ano (artigos 34.1º e 34.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia).

Contra este acordo poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 9 de decembro de 1997.

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente alcalde delegado de área

Ángel Quiñoá Murado

Secretario

10511