Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 406

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE VALDEORRAS

BASES da convocatoria da praza de xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Valdeorras.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo padroado da fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Valdeorras, na reunión do día 13 de xaneiro de 1998, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión da dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo así como as funcións que ten que realiza-lo xerente da fundación estarán a disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, sita na estrada Santiago-Noia Km 3. A Barcia (Santiago de Compostela).

I. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Acreditar titulación superior ou experiencia demostrable de polo menos dous anos nun posto semellante, indistintamente.

-Dispoñer do carné de conducir.

II. Condicións específicas das prazas:

a) Aptitudes para o posto. Valorarase:

-Natureza sociable.

-Carácter dinámico.

-Capacidade de traballo.

-Capacidade de liderado.

-Dispoñibilidade para mobilidade xeográfica.

b) Coñecementos específicos para cubrir este posto:

-As regulacións legais que afectan ó modelo de desenvolvemento comarcal.

-Metodoloxías e planificación estratéxica do desenvolvemento comarcal.

-Xestión de programas de desenvolvemento local e creación de emprego.

-Xestión e administración de fundacións de interese galego e de institucións sen fin de lucro.

c) Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática con nivel de usuario.

III. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia do DNI.

-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación ou experiencia esixida.

-Escrito de solicitude.

IV. Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes presentaránse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, dirixidas ó conselleiro delegado desta sociedade, sita na estrada Santiago-Noia, Km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

V. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión seleccionadora publicará as listas previas de admitidos e excluídos, coa motivación da exclusión, se é o caso; establecéndose un prazo de cinco días hábiles para que, a petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixarase o lugar

e data en que comezarán as probas. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Valoración do currículum vitae.

b) Proba tipo test de coñecementos específicos.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia a lista provisional dos resultados, e incluirá o lugar e data en que se realizarán as entrevistas personais ós cinco candidatos que acaden maior puntuación.

c) Entrevista persoal.

3. Unha vez rematado todo o proceso anterior, a comisión de selección publicará os resultados no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1998.

Andrés Precedo Ledo

Presidente do padroado da fundación

10270