Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 390

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (233/1997-3).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 233/1997-3, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1997, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co nº 233/1997-3, no que actuaron, como demandante, Mª Dolores Allo Dávila, maior de idade e veciña da Baña, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz, e asistida polo letrado Jesús Díaz Fornas e, como demandado, Agustín Lorenzo Torres Pego, maior de idade e en descoñecido paradoiro, non comparecido nas actuacións, en reclamación de resolución de contrato de arrendamento urbano e de cantidade.

Decido: que, considerando a demanda presentada, debo decretar e decreto a resolución do contrato de arrendamento da vivenda descrita na demanda, con apercibimento de lanzamento ó demandado se non a desaloxase no termo legal; e condénase o demandado se non a desaloxase no termo legal; e condénaselle ó demandado a aboarlle á parte demandante a suma de 105.000 pesetas polas rendas dos meses de maio, xuño e xullo de 1997, e mailos xuros de cada unha das ditas mensualidades de renda calculados desde o día 8 de cada mes ata a data de interposición da demanda, ó tipo de xuro legal do diñeiro, e mailos xuros legais ó mesmo tipo da suma do principal máis tales xuros e desde a data de interposición da demanda, mailos xuros do artigo 921 LAC, con imposición ó demandado das custas do procedemento.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Agustín Lorenzo Torres Pego, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

10472