Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 391

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (260/1997).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 260/1997, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de tercería de dominio, menor contía, seguido neste xulgado co nº 260/1997, no que actuaron, como demandante, José Seoane Puig, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, representado pola procuradora dos tribunais Mª Soledad Sánchez Silva, e asistido polo letrado José Vispo Montero e, como demandado, Banco Simeón, S.A., con domicilio social en Vigo, Manuel Seoane Liñares, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela e herdeiros de Celestino Seoane Puig e Manuela Emilia Liñares Blanco, declarados todos eles rebeldes nas presentes actuacións.

Decido que, estimando a demanda presentada, acordo que procede a acción de tercería de dominio formulada polos demandantes respecto do predio descrito no feito primeiro da demanda e ordeno, en consecuencia, que se levante o embargo sobre ela realizado por instancia do Banco Simeón, S.A., no procedemento executivo nº 87/1993 deste xulgado, e a cancelación da anotación rexistral á que poidese dar lugar, levándose a este o correspondente testemuño da presente resolución, sen facerse imposición das custas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes herdeiros de Celestino Seoane Puig, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, dezasete de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

10543