Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 390

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (233/1997).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 223/1997, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia.- En Santiago de Compostela o 23 de setembro de 1997, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 223/1997, no que actuaron, como demandante, Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes, e asistido pola letrada María del Carmen Fandiño López e, como demandado, José Albor Rilo e Carmen Novais Couto, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido: que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens dos demandados José Albor Rilo e Carmen Novais Couto, ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 72.217 pesetas de principal e xuros, xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos, a suma de 125.000 pesetas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ós demandados rebeldes José Albor Rilo e Carmen Novais Couto, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

10269