Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 389

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (428/1997-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber:

Que nos presentes autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 428/1997, promovidos polo Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra a empresa Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidade de 5.214.126 pesetas, importe do principal, 14.750 pesetas para gastos e 2.500.000 pesetas para xuros e gastos, e dado que a empresa Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L. se atopa en ignorado paradoiro, por medio da presente cédula é citada co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en autos en legal forma e se opoña á execución se lle conviñese, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición e apercíboo de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso, sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos seguintes bens:

1. Rústica. Predio número 494 do plano xeral, terreo dedicado a monte, sito en Matalobos, Toedo, A Estrada, no lugar de Soutiño, de 20 áreas e 10 centiáreas. Dentro deste predio construíuse unha nave industrial, de 440 metros cadrados. Ten anexo o resto do terreo sen edificar; nave e terreo unidos forman un só predio. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada no tomo 560, libro 447, folio 160, predio 50.865 triplicado-N, inscrición oitava.

2. Devolucións fiscais que por IVE e IRPF lle correspondan.

3. Participacións sociais na entidade Neumáticos Mayfra (ou Mayfre), S.L.

E para que conste e lle sirva de citación en legal forma á empresa demandada en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o un de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

10268