Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos do Sindicato Aeronáutico Independiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Aeronáutico Independiente que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato tódolos traballadores dos que o obxectivo sexa a participación na organización da actividade aeronáutica, comprendidas nas competencias dos entes públicos ou privados, que se ocupan da xestión, realización, explotación, axuda ou mantemento da actividade aeronáutica, encamiñada á defensa das condicións laborais, económicas, sociais e culturais dos prefesionais ó servicio da actividade aeronáutica.

Asinan a acta de constitución: Enrique Longueira Naya e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1997.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10558