Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Distribuidores de Alimentación y Bebidas (Adialbe).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Distribuidores de Alimentación y Bebidas (Adialbe) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas, cooperativas e entidades en xeral, que teñan como actividade a relacionada coa distribución de alimentación e bebidas, e desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma galega.

Asinan a acta de constitución: Luis Gómez Araújo, en representación da entidade Disgobe, S.A., e trece persoas máis en representación de outras tantas entidades.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1997.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10559