Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación estatutaria da Asociación Profesional de Diplomados en Medicinas Alternativas Naturales (Adiman).

En cumplimiento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 16 de decembro de 1997 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Ángel Penas González, co visto e prace do seu presidente Manuel Aceña García, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade pola Asemblea Xeral, na reunión celebrada o 26 de novembro de 1997, consistente no cambio de domicilio social da asociación que pasa a ser: Ronda de Outeiro, nº 288-1º B, A Coruña.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

10563