Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do servicio de cafetería nos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co disposto no art. 94.2 da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial resolve facer pública a adxudicación para a contratación do servicio de cafetería en centros dependentes desta delegación provincial anunciado a concurso polo sistema de procedemento aberto e trámite de urxencia no DOG nº 219 de data 12 de novembro de 1997.

* Residencia da 3ª Idade do Meixoeiro: queda deserto.

* Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo: adxudícase á empresa Pegreri, S.L. cun canon de explotación de 15.000 ptas. anuais (quince mil pesetas).

* Fogar da 3ª Idade de Vigo: queda deserto.

* Centro Social de Vilagarcía de Arousa: adxudícase a Ramiro García Gómez cun canon de explotación de 12.000 ptas. anuais (doce mil pesetas).

* Centro Social de Bouzas: adxudícase a Alberto Lorenzo Lorenzo cun canon de explotación de 50.000 ptas. anuais (cincuenta mil pesetas).

* Centro Social de Coia: adxudícase a Juan Carlos Faro García cun canon de explotación de 75.000 ptas. anuais (setenta e cinco mil pesetas).

* Centro Social de Teis: adxudícase a Milagros Vázquez Lorenzo cun canon de explotación de 12.000 ptas. anuais (doce mil pesetas).

* Centro Social de Baiona: adxudícase a José A. Recondo Muñiz cun canon de explotación de 12.000 ptas. anuais (doce mil pesetas).

* Residencia da 3ª Idade de Marín: queda deserto.

Vigo, 16 de decembro de 1997.

P.D. (Orde do 22 de maio de 1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

10561