Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 18 decembro de 1997 pola que se exclúen do catálogo de montes de utilidade pública da provincia de Lugo, os montes San Estevo e Cutielos e Rodil pertencentes ás parroquias de Santa María Magdalena de Fonfría e Carballido do concello da Fonsagrada (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello da Fonsagrada, os montes San Estevo e Cutielos e Rodil pertencentes ás parroquias de Santa María Magdalena de Fonfría e Carballido que figuraban no C.U.P. cos números 27 e 22-A.1 respectivamente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela só cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

10478