Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador (C-255/96) (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se menciona as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre a caza.

1. Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de se tratar de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 9 de decembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-255/96.

Denunciado: Jorge Irago Villanueva.

Último domicilio coñecido: Igrexa, s/n-Tremoedo, Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar con escopeta y hurón dentro do couto privado de caza PO-10.143, sen permiso, o día 12 de decembro de 1996, no termo municipal de Cambados.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza e artigo do Real decreto 1095/1989, en relación co artigo 39 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1979, de caza e artigo 7 do Real decreto 1095/1989, en relación co artigo 39 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 50.000 ptas.

10494