Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instrucctor dos expedientes sancionadores (C-18/97 e C-64/97) (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examila-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, 47-5º planta, e presentaren ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 9 de decembro de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-18/97.

Denunciado: Florencio González González.

Último domicilio coñecido: rúa Moaña, 3-6º B, Vigo.

Feito denunciado: cazar en terreo sometido a réxime cinexético especial, sen cobrar peza ningunha e sen estar en posesión do correspondente permiso do couto, o día 22 de decembro de 1996, termo municipal Fornelos de Montes.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

Expediente: C-64/97.

Denunciado: Antonio Iglesias López.

Último domicilio coñecido: rúa Calvo Sotelo, 44-4º A, A Estrada.

Feito denunciado: adestrar 4 cans de raza sabuxo-grifón acosando as especies cinexéticas de caza menor existentes na zona, o día 26 xuño de 1997, termo muncipal da Estrada.

Precepto infrinxido: artigo 48.2º.25 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

10488