Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se fan públicas as adxudicacións de contratos de servicios e subministracións.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Contrato de concesión da xestión do servicio de cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Adxudicatario: deserto.

-Contrato de adquisición da subministración de equipos de audio e traducción simultánea para o Centro Galego de Arte Contemporánea.

Adxudicatario: Vitel, S.A.

Orzamento: 5.139.088 ptas.

-Contrato de adquisición da subministración de material informático para o Centro Galego de Arte Contemporánea.

Adxudicatario: Coremain, S.L.

Orzamento: 8.335.436 ptas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

10413