Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías número 1.297.1.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública a peti

ción das demasías producidas na concesión da explotación Gándaras nº 1.297.1 situada no termo municipal do Porriño, solicitadas por Sial, S.A.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días, a partir desta publicación, os titulares das concesións mineiras estremeiras con Gándaras nº 1.297.1, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 15 de decembro de 1997.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10493