Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/360-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Laberco.

Situación: Arzúa.

Características técnicas: liña R.B.T. aérea de 0,34 km con orixe no primeiro apoio da subida da rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Rede R.B.T. subterránea de 0,235 km con orixe no C.T. Teodora en conductor R.V.-0,6/1 kV 4x240 Al. Rede R.B.T. subterránea de 0,32 km con orixe no C.T. Cubelo, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x95 Al e R.V. 0,6/1 kV 4x240 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

0028