Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 238

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mecanismos Auxiliares Industriales, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Mecanismos Auxiliares Industriales, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-11-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 4-11-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de decembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Mai, S.A.

(Mecanismos Auxiliares Industriales, S.A.),

sita en Vigo, Camiño do Caramuxo, número 55

Actas nº 18 e 19

(Actas finais do convenio)

Co fin de continua-las negociacións do convenio, reúnense ás 15.30 horas do día 4-11-1997 no salón de reunións do hotel Coia as partes negociadoras:

-Pola empresa:

Juan Alberto Casanovas Saludes.

Gaspar Ribé Bargalló.

Domenech Sanromá Filella.

Alfonso Jiménez González.

Asesor:

Manuel Blázquez Pallarés.

-Polo comité de empresa:

CIG:

Inés Prado Prado.

Pilar Lago Herrador.

Mercedes Arcas Sendón.

Ana Meijide González (delegada sindical).

Asesor:

Anxo González Ferreira.

CC.OO.:

Dolores Lago Herrador.

Cristina Blanco Alonso.

Asesor:

Guillermo Gómez Rodríguez.

Secretario moderador:

Ubaldo Álvarez Diéguez.

1º. Discútense algúns aspectos do preacordo acadado entre a empresa e os representantes legais dos traballadores e dalgunhas cuestións relacionadas con el.

2º. Realízase unha suspensión da sesión a petición dos representantes legais dos traballadores afiliados a CC.OO. e CIG.

3º. Reanudada a sesión, chégase ó seguinte acordo do convenio:

Os artigos 2, 3, 4, 12, 29, 30, 31, 38 e 41 quedan redactados de acordo co texto literal que se xunta e que constitúe o acordo do convenio. Seguirán en vigor os restantes artigos do convenio vixente non afectados polo presente acordo.

Convenio de Vigo

Artigo 2º.-Vixencia.

As normas estipuladas polo presente convenio entrarán en vigor a partir do asinamento da acta de compromiso, se ben os seus efectos salariais serán a partir do 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 3º.-Duración.

A duración do convenio será desde o 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1999.

Artigo 4º.-Prórroga.

Se ningunha das partes denunciase o convenio o 31-12-1999, prorrogarase tacitamente a súa vixencia de ano en ano.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

12.1. A xornada anual efectiva de traballo para os anos 1997, 1998 e 1999 establécese en:

-Persoal a quendas: 1.759 horas.

-X.C e/ou X.P: 1800,5 horas.

12.7. A xornada laboral distribuirase de luns a venres, aínda que a dirección da empresa, logo de información e razoamento ó comité de empresa, poderá requiri-los empregados para que veñan desenvolve-lo seu labor durante tres sábados como máximo ó ano durante 1997, oito sábados como máximo durante 1998 e dez sábados como máximo ó ano a partir de 1999, sen que iso supoña a ampliación da xornada laboral no seu cómputo anual dado que se compensaría cada sábado de traballo cun día de descanso e un complemento de 2.750 ptas./día.

O dito requirimento afectaría a quendas completas e debería realizarse cun aviso previo de, alomenos, tres días.

Artigo 29º.-Salarios.

Establécese, para os anos 1997, 1998 e 1999 un incremento salarial do IPC real do Estado o 31-12-1997, 31-12-1998 e 31-12-1999 respectivamente máis 0,33 puntos para todo o persoal reflectido na táboa salarial anexa. Mentres non se coñeza o IPC de 1997, 1998 e 1999 aplicarase un aumento salarial, tomando como base o IPC previsto polo Goberno. Unha vez publicado o IPC real do ano 1997, 1998 e 1999 polo INE, procedarase a face-la regularización das diferencias que corresponda, con efectos do día primeiro de xaneiro de 1997, 1998 e 1999 respectivamente.

Artigo 30º.-Complemento de substitución.

A partir do asinamento do presente convenio suprímese o plus de antigüidade. As cantidades que se viñan percibindo por tal concepto aboaranse como complemento persoal, denominado de substitución, que non será compensable nin absorbible e terá os aumentos que se pacten en convenio colectivo.

A aqueles traballadores que o 4 de novembro de 1997 lles faltasen ata 1, 2, 3 e ata 4 anos para completaren o quinquenio en curso de adquisición percibirán respectivamente o 80%, 60%, 40% e 20% do valor dun quinquenio, que se engadirá ó complemento polos quinquenios consolidados. Iso co límite actualmente establecido de cinco quinquenios.

Artigo 31º.-Gratificacións extraordinarias.

31.2. Establécese un complemento para cada unha das dúas pagas extraordinarias, a contía anual das cales para 1997, 1998 e 1999 terá un incremento do IPC real do Estado o 31-12-1997, 31-12-1998 e 31-12-1999 respectivamente máis 0.33 puntos sobre o valor antes de convenio de 16.732 ptas.

Artigo 38º.-Gastos mínimos de locomoción.

38.1. En concepto de gastos de locomoción, para os anos 1997, 1998 e 1999, a empresa aboará por persoa e día traballado unha cantidade que se verá incrementada na mesma proporción có salario durante a vixencia do convenio.

Artigo 41º.-Permiso retribuído para IT e consultas médicas.

Para o ano 1997 e ós traballadores que durante 1996 non superen o 3,5% de absentismo, percibirán

un 25% do seu salario, que se engadirá ó 50% establecido no parágrafo anterior, durante os tres primeiros días de baixa por enfermidade; aplicarase a mesma fórmula para os anos 1998 e 1999 en relación ós anos 1997 e 1998.

10098