Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 239

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (195/1995).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado se tramita procedemento de menor contía 195/1995 por instancia de Banco Gallego, S.A. contra José Daniel Ruanova Pazos, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por terceira vez, sen suxeición a tipo e termo de vinte días, os bens que logo se dirán, e que se sinala para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 10 de febreiro de 1998 ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

1ª. Que se celebra sen suxeición a tipo.

2ª. Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 1500-15-019595, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo que serviu de base para a segunda poxa; faise consta-lo número e ano do procedemento, sen o requisito do cal non serán admitidos e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

3ª. Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cederlle o remate a terceiros.

4ª. Nesta poxa, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, e farase o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de manifesto na secretaría do xulgado onde poderán ser examinados; entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, agás os sábados, á mesma hora.

-Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Predio rústico sobre o campo de capela, destinado a toxal, sito nos termos de Lapido, concello de Ames, de 24 áreas e 50 centiáreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 740, libro 179, folio 37, predio 17.607 bis.

Taxación: 245.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o catro de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

10323